FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022
PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (incluídos)
As solicitudes poderanse presentar dos seguintes xeitos:
- Preferiblemente na aplicación FONDO LIBROS.Podes descargar o manual adxunto ao remate desta entrada.
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Buscar o procedemento ED330B (cubrir o anexo I e anexo II de dito procedemento).
- Presentación no centro: presentación do procedemento ED330B (anexo I e anexo II) debidamente asinados xunto coa documentación precisa.
FORMULARIOS PARA A SOLICITUDE
PODES DESCARGAR OS FORMULARIO DA SOLICITUDE PREMENDO AQUÍ (ANEXO I e II)
No centro tamén teremos a disposición as solicitudes impresas.
REQUISITOS PARA A SOLICITUDE
- Fondo solidario de libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (o alumnado de 5º e 6º de primaria matriculado en centros incluídos no proxecto E-DIXGAL está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto. Pode solicitar a axuda para adquirir material escolar.).
- Axudas para adquirir libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e de educación especial (EE), alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado NEAE.
- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.
- Realizar a devolución no centro actual dos libros adquiridos coa axuda do curso 2019-2020 (a falta de devolución será causa de exclusión das axudas)
- Renda per cápita: un tramo igual ou inferior a 6.000€ (6 libros) e outro tramo de rendas superiores a 6.000€ ata os 10.000€ (4 libros).
- A solicitude será única para todos/as os/as fillos/as admitidos no mesmo centro docente.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Solicitude ED330B: Anexo I e II
No Anexo II, para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar, no caso de que todos ou algún dos membros computables se opoñan á consulta dos datos deberán indicalo marcando o cadro correspondente e achegar os seguintes documentos xustificativos:
- DNI ou NIE
- Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou o certificado de tributación de imputacións no exercicio 2019.A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.
- Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas.
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- No caso de que o/a solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:
- Copia do libro de familia.
- Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
- Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutele ou garda da Xunta de Galicia.
IMPORTANTE: Deberá presentarse no centro a copia e orixinal (facemos a copia no centro) para verificar a súa validez. Todos os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, reflectindo a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019, agás naqueles supostos de violencia de xénero onde se aplicará o disposto na lexislación específica para estes casos.
PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E ENTREGA DE VALES
- Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: luns 28 de xuño.
- Período de reclamación: durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
- Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: venres 2 de xullo.
- Recollida dos vales para todo o alumnado de Educación Primaria:do 5 ao 7 de xullo no horario de 9:00 a 11:00.