Skip to Content

DONAS DE SÍ

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

25 N - Non á violencia de xénero

Durante esta semana tivemos o pracer de contar no centro con 4 charlas organizadas pola ANPA e desenvoltas polo Pequeno Besbello sobre violencia de xénero, micromachismos e roles de xénero nas que o alumnado de primaria, mediante actividades diversas, puxeron a súa cabeza a funcionar e analizar o mundo que nos rodea e as inxustizas que nel acontecen día a día. Agardamos este tipo de actividades sexan un gran de area para unha sociedade máis igualitaria.

 

O alumnado de infantil pola súa banda estivo a traballar sobre a violencia de xénero mediante o conto "Arturo e Clementina" que explica dunha forma moi clara este concepto tan abstracto aínda para o alumnado máis cativo.

ARTS & EDIXGAL

QUEN DIXO QUE NON PODEMOS VISITAR UN MUSEO SEN MOVERNOS DA NOSA AULA?

O proxecto EDIXGAL está a cambiar moito a nosa forma de traballar, ofertándonos moitísimas oportunidades e recursos para o alumnado.

Neste caso na clase de ARTS, realizamos unha excursión virtual ao museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid, onde visitamos a exposición de GEORGIA O'KEEFFE, pintora e artísta estadounidense que estamos a traballar durante este mes de novembro.

Podedes visitar esta exposición e o museo premento na seguinte ligazón:

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza Madrid - GEORGIA O'KEEFFE

OBRADOIROS E VISITAS DAS FAMILIAS - SEMANA DA PRENSA. VANESA, XORNALISTA

E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.

Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.

As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.

O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.

E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.

Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.