Quen debe facer a solicitude?
- O alumnado de nova escolarización para o curso 2021-2022, nados no ano 2018.
- Aquel alumnado que queira cambiar de centro debe realizar as súas solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 22 de marzo.
Métodos de presentación da solicitude
- Presentar o impreso ED550B escrito a man ou a ordenador na dirección/secretaría do noso centro.
- Presentar o impreso ED550B creado mediante a aplicación admisión/alumnado na dirección/secretaría do noso centro.
- Presentar a solicitude (o impreso ED550B) en Sede Electrónica a través da aplicación.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O IMPRESO ED550B
Horario de dirección/secretaría para a presentación de documentos
- Luns, Xoves e Venres: de 9:45 a 10:35
- Martes e Mércores: de 11:25 a 12:15
Documentación a aportar xunto coa solicitude
- Solicitude: Anexo II procedemento ED550B (dispoñible para descargar nesta publicación, no centro, na aplicación ou na sede electrónica)
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumnado.
- Fotocopia da cartilla de vacunación da/o alumna/o.
- Informe médico.
- Dúas fotos da/o alumna/o tamaño carné.
- Fotocopia do DNI do alumnado (se dispón del).
- Fotocopia do DNI dos proxenitores, titores legais ou responsables.
- De ser o caso, resolución xudicial de separación ou divorcio.
- Calquera outra documentación ou información que se considere relevante.
Información importante
- Só se pode presentar unha única solicitude no Centro no que se solicita a praza en primeiro lugar.
- O incumprimento deste primeiro punto pode conlevar á perda dos dereitos de prioridade que puidera ter a/o alumna/o no centro.
- O alumnado que actualmente está escolarizado no centro ten garantida a súa continuidade no mesmo. Se algún quixera cambiar de centro deberá presentar a solicitude de admisión no centro ao que queira trasladarse e comunicar este feito no centro de orixe, no que actualmente cursa estudos a/o alumna/o.
- O alumnado que queira presentar solicitude de admisión noutro centro distinto no que ten reservada a praza, deberá realizar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo).
Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013,pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria informamos ás familias dos servizos e prazas existentes actualmente no centro:
Vacantes
Área de escolarización do centro: concello de Toques.
Centros adscritos: IES de Melide (secundaria).
Servizos complementarios do centro: comedor (14:45 a 15:30h) e transporte escolar (chegada ao centro e a saída as 16:30h) ofertados pola Consellería de Educación.