Skip to Content

Blogues

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2022

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

Este luns realizamos na biblioteca do centro un obradoiro de PAPEL RECICLADO, actividade enmarcada no Plan Proxecta RECICLATE CON SOGAMA e nos Contrato-Programa EDUSOSTIBILIDADE.

Continuamos a mostar as nosas pequenas e pequenos outros xeitos de tratamento dos residuos, que, unha vez xerados, poden ser aproveitados para múltiples obxectivos.

Non vos perdades o video desta actividade realizada pola empresa de actividades lúdicas MATRÁCALA. Foi xenial!

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2022

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2022!!

GOING GREEN!! XA ESTAMOS A TOPE COA RECICLAXE

Xa estamos a tope no centro coa reciclaxe e por fin nos chegou esta illa de reciclaxe pola nosa participación no Plan Proxecta "RECICLATE CON SOGAMA" durante este curso escolar. Este é o primeiro paso para a consecución do obxectivo "COLEXIO RESIDUOS CERO". Sabemos que é complexo pero cada día un pouquiño máis preto!

Illa de reciclaxe cos contedores de PLÁSTICOS (amarelo), PAPEL E CARTÓN (azul), FRACCIÓN RESTO (verde) e ORGÁNICOS (gris).

Axuda visual para saber que vai en cada contedor. (Autor: Mans de ouro)

 

Xa que estamos a aprender moito sobre a regra das 3R( reduce, reutiliza e recicla) creamos no corredor, ao lado da biblioteca,  un expositor con ECO-LECTURAS, que nos axudarán a coñecer máis sobre como podemos por o noso gran de area para o coidado do medioambiente e do noso centro.

 

Estamos comezando a pensar se o que vamos tirar pode ter unha segunda vida, e se non a ten, saber onde tiralo.

 

Grazas a tenda SALACADULA, que nos donou este precioso expositor onde puidemos crear o noso recuncho verde!! 

MENÚ DECEMBRO 2021

 

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR

25 N - Non á violencia de xénero

Durante esta semana tivemos o pracer de contar no centro con 4 charlas organizadas pola ANPA e desenvoltas polo Pequeno Besbello sobre violencia de xénero, micromachismos e roles de xénero nas que o alumnado de primaria, mediante actividades diversas, puxeron a súa cabeza a funcionar e analizar o mundo que nos rodea e as inxustizas que nel acontecen día a día. Agardamos este tipo de actividades sexan un gran de area para unha sociedade máis igualitaria.

 

O alumnado de infantil pola súa banda estivo a traballar sobre a violencia de xénero mediante o conto "Arturo e Clementina" que explica dunha forma moi clara este concepto tan abstracto aínda para o alumnado máis cativo.

DÍA DA MÚSICA - 22 de novembro de 2021

Hoxe celebrase o día da música, e no centro, grazas ao Concello de Toques que organizou esta actividade, acudimos á Aula da Natureza e puidemos desfrutar dun concerto de música clásica, conocendo da man do grupo Keilin Ensemble a vida e obra do gran músico Tchaikovsky, creador de grande obras como El lago de los cisnes, La Bella durmiente ou El Cascanueces.

Loita contra a Emerxencia Climática - COMANDO CAMBIO

Durante 2 sesións no mes de novembro, o alumnado estivo a participar nunhas charlas organizadas polo CEIDA, chamadas:

 

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática

Os obxectivos destas charlas eran os seguintes:

  • Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
  • Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar de contado.
  • Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.

Fotografía da 1º sesión da charla: Porque estamos en emerxencia climática?

Fotografía da 2º sesión da charla: Calculamos a nosa pegada ecolóxica

ARTS & EDIXGAL

QUEN DIXO QUE NON PODEMOS VISITAR UN MUSEO SEN MOVERNOS DA NOSA AULA?

O proxecto EDIXGAL está a cambiar moito a nosa forma de traballar, ofertándonos moitísimas oportunidades e recursos para o alumnado.

Neste caso na clase de ARTS, realizamos unha excursión virtual ao museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid, onde visitamos a exposición de GEORGIA O'KEEFFE, pintora e artísta estadounidense que estamos a traballar durante este mes de novembro.

Podedes visitar esta exposición e o museo premento na seguinte ligazón:

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza Madrid - GEORGIA O'KEEFFE

Distribuir contido


by Dr. Radut