Skip to Content

blogue deCEIP Plurilingüe de Toques

MANDATOS DO MECO - ENTROIDO 2024. TOQUIÑA DI....

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2024

Reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria para continuar estudos no IES DE MELIDE

Reserva de praza para continuar estudos en Ed. Secundaria para o alumnado de 6º de primaria para o curso 2024-2025

Destinatarios:

  • Alumnado matriculado no CEIP Plurilingüe de Toques no presente curso escolar que pretente continuar estudos no centro de adscrición "IES de Melide" para o curso 2024-2025.

Prazo de presentación das solicitudes

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos inclusive).

Como podemos facer a presentación da solicitude?

  1. Presencialmente na dirección-secretaría do noso centro.
  2. A través da aplicación "admisión alumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Onde consultar toda a información?

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

PREME PARA DESCARGAR IMPRESO DE RESERVA DE PRAZA

MENÚ XANEIRO 2024

HORARIO DO CENTRO

 

HORARIO LECTIVO DE LUNS A VENRES

9:45h a 14:45h

 

SERVIZO DE COMEDOR DE LUNS A VENRES

14:45h a 15:30h

 

HORARIO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR E EXTRAESCOLARES DE LUNS A VENRES

15:30h a 16:30h

 

Durante este tempo no centro estarán de garda para a vixiancia e atención do alumnado, e segundo a ratio actual de alumnado, dous mestres/as de garda así como os/as mestres ou familias colaboradores do comedor escolar en quendas rotativas. 

Durante esta xornada realizaranse actividades extraescolares no centro xestionadas pola ANPA e polo Concello de Toques así como a dinamización e apertura da Biblioteca Escolar do centro por parte do profesorado de garda. 

 

HORARIO SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR E REMATE DA XORNADA ESCOLAR DE SETEMBRO A XUÑO, INCLUÍDOS

16:30 h 

 

Remate da xornada escolar e saída do alumnado transportado. 

MENÚ DECEMBRO 2023

MENÚ NOVEMBRO 2023

CHEGOU O OUTONO!!

MENÚ OUTUBRO 2023

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut