Skip to Content

CP Inclúe

3ª Charla Proxecto Fortaleza

O martes 28 de maio levarase a cabo a última das charlas enmarcadas dentro do Proxecto Fortaleza en colaboración con Aldeas Infantiles Galicia.

          

Charla Protocolos Educativos

No mes de abril realizouse unha charla coas familias para poñer en coñecemento de toda a Comunidade educativa os diferentes protocolos Educativos e así mesmo presentarlle o novo punto laranxa do centro, tanto a nivel físico coma virtual (dentro do renovado protocolo de acoso e ciberacoso na escola).

Proxecto Fortaleza

Xa temos data para a 2ª charla do Proxecto Fortaleza coas familias, coa colaboración de Aldeas Infantiles. podedes consultar toda a información na seguinte imaxe.

25 DE NOVEMBRO

Con motivo do 25 de novembro todo o alumnado do centro realizou unha cadea humana para denunciar a violencia de xénero e en apoio as víctimas.

 

 

Que pasa Cando..?

O vindeiro martes 21 de novembro teremos unha nova charla destinada as familias. A nosa orientadora informaranos dos pasos a seguir e como actuar cando se detecta unha NEAE no alumnado.

 

Charlas familias

Dentro dos diferentes programas nos que participa o centro realizaranse charlas e talleres destinadas as familias, algunhas delas para asistir cos nenos e nenas e noutros casos destinadas exclusivamente os adultos. Neste caso comezamos cunha charla destinada os adultos da familia para afondar un pouco mais nas habilidades parentais e de protección a infancia. Realizarase en colaboración con Aldeas Infantiles.

Esperámosvos a todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut