Skip to Content

2022-2023

Vídeo Himno da nosa escola

Xa temos aquí o vídeo do Himno da nosa escola, gravado e realizado polo alumnado de 6º, que este curso se despediu do cole. En xuño do ano pasado, gravamos o audio, e en xuño deste ano, o vídeo, así que... a nosa escola xa ten himno e identidade propia!

 

Os Maios das Mestras e das familias

No seguinte enlace podedes ler as coplas e ver os vídeos dos Maios das mestras e das familias.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=DubFaf12cAGEj4BgSzXJ

 

Os Maios de 3º a 6º

No seguinte enlace podedes ler as coplas e ver os vídeos dos Maios de 3º, 4º, 5º e 6º.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=TMZJb9Q2F8DsXr0nEiSd

 

Maios Infantil, 1º e 2º

No saguinte enlace podedes ver as coplas e os vídeos dos Maios de Infantil, 1º e 2º curso.

 

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=NoRnCZ8W6Df4AFUa27Kx

Día de Rosalía "Has de cantar"

Para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro, co alumnado de 3º e 4º, na aula de Música, traballamos a canción "Has de cantar", incluída no disco de Rosalía pequeniña, con música de Uxía, e letra da propia Rosalía. No seguinte enlace, poderedes ver o vídeo que fixemos a partir das ilustracións feitas polo alumnado de 3º e 4º de primaria. Esperamos que o disfrutedes.

Samaín 2022

Aquí temos as cabazas que trouxeron os nenos e nenas do CEIP Petelos polo Samaín. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

 

Cantiga do magosto 2022: "Chega o magosto"

Xa temos aquí a cantiga do magosto deste ano, titulada "Chega o magosto", con música da nosa mestra de Música Raquel, e letra composta polo alumnado de primaria do CEIP Petelos. Esperamos que vos guste. Nós pasámolo pipa gravándoa!

Vídeo da Paz: "Aire"

Aquí podedes ver o vídeo que fixemos coa canción "Aire", de María Fumaça, para conmemorar o Día da Paz. Esperamos que vos guste.

Cantos de aguinaldo Decembro de 2022 Resumo en imaxes

No seguinte enlace podemos ver algunhas fotos do que foron os cantos de aguinaldo de 2022. Esperamos que vos gusten.

 

Cantos de aguinaldo de 2º, 5º, 6ºA e 6ºB no IES de Mos

O 22 de decembro, o alumnado de 2º, 5º, 6ºA e 6ºB foron cantar unhas panxoliñas ao IES de Mos para pedir o aguinaldo. No seguinte enlace podedes ver o ben que o fixeron e o ben que nos recibiron! Moitas grazas ao IES de Mos por abrirnos as súas portas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut