Skip to Content

2021-2022

Festival de Fin de curso. Himno da nosa escola

E, para rematar o Festival de Fin de curso do ano 2022, o alumnado voluntario de 3º, 4º, 5º, e 6º, con algunha colaboración de Infantil, interpretaron o "Himno da nosa escola", acompañados tamén polas voces do resto da escola. Foi moi emocionante!!

 

O festival rematou coa proxección dun vídeo de como se grabvou o "Himno da nosa escola" na biblioteca do cole os días 8 e 9 de xuño. Este foi un pequeno adianto do vídeo "oficial" do noso himno, que realizaremos ao longo do vindeiro curso. Agardamos que vos guste.

Festival de Fin de curso 5º e 6º

Estas son as actuacións de 5º e 6º no Festival de Fin de curso. Estiveron xeniais!

 

O alumnado de 5º realizou unha actuación de Acrosport, coa canción de "Rodas", do grupo Irtio. Estiveron fantásticos!

 

E o alumnado de 6º, utilizou balóns de baloncesto para a súa coreografía, ao ritmo da canción "Ego". Moi ben o fixeron!

Festival Fin de curso. 3º e 4º

Aquí temos as actuacións fantásticas que fixo o alumnado de 3º e 4º curso no Festival de Fin de curso.

 

Comezamos con 3º, aos que lles gusta moito a vida, e o demostraron bailando.

 

E agora imos disfrutar vendo a representación de 4º, na que fixeron un percorrido mostrándonos o ben que o pasaron durante este curso escolar!

Festival Fin de curso 1º e 2º

Aquí temos as actuacións das clases de 1º e 2º. Que ben o fixeron!

 

Aquí temos a actuación de 1º, coa súa canción "Que canten los niños"

 

Esta foi a actuación da clase de 2º: "Glu, glu, glu". Como se nota que se achega o verán!

Festival de Fin de curso. Actuacións Infantil

Aquí podemos ver as marabillosas actuacións de Infantil no Festival de Fin de curso. Esperamos que as disfrutedes. Comezamos con 4º de Infantil!

 
 

 

Aquí vai a de 5º de Infantil, que marcha teñen!

 

E agora os pergrinos da clase de 6º de Infantil!

MAIO 2022

Este curso por fin puidemos volver celebrar o Maio todos xuntos.

Aquí vos deixamos as nosas Coplas para que as disfrutedes.

 

 

Onde reina a paz (Cantiga da paz 2022)

Para celebrar o Día da Paz, ademais das actividades propostas dende o Equipo de Convivencia do cole, na aula de Música estivemos traballando a canción "Onde reina a paz", composta expresamente para o cole por Chus Domínguez, e que tivemos a sorte de gravala coas voces de nenas e nenos da nosa escola, comprobando unha vez máis o ben que se canta aquí en Petelos. Ademais fixemos un vídeo da canción, e aquí tedes o resultado. Esperamos que o disfrutedes.

Cantos de aguinaldo 2021

Este ano retomamos unha das tradicións que máis nos gustan: ir pedir o aguinaldo polas clases. Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos.

MAGOSTO

Como cada ano celebramos o Magosto coa chegada do mes de novembro.

No seguinte video podedes ver un pequeno resumo do ben co pasamos. Cantamos, xogamos e comemos castañas.

Esperamos que vos guste.

 

Cantiga do Magosto

Hoxe, día de San Martiño, aínda que nós xa celebramos o noso Magosto na escola, deixamos aquí a gravación da cantiga do Magosto deste ano, con música da profe Raquel e letra feita polo alumnado de Petelos. Esperamos que a disfrutedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut