Skip to Content

Historia

O CEIP de Petelos, situado no concello de Mos, comezou a funcionar no curso 1990/1991 despois dun periodo de construcción de dous anos. O motivo da súa construcción foi desconxestionar o gran número de alumnos que tiña naquel momento o colexio Peña de Francia e o colexio de Mos ó que asistía unha gran parte do alumnado.

Cando comezou a funcionar, CEIP de Petelos tiña unha unidade de Educación  Infantil, con alumnos e alumnas de catro e cinco anos, oito unidades de EXB e unha unidade de Educación Especial.

Co paso do tempo o entorno do colexio cambia completamente, axardínanse zonas, plántanse árbores, en definitiva, comézase a coidar da natureza.

O centro experimentou unha nova transformación coa marcha dos cursos de séptimo e oitavo ó novo Instituto de Educación Secundaria situado en Mos. Deste xeito, o centro quedou con só tres aulas de Infantil e seis de Primaria coa conseguinte diminución de alumnos.

Nas aulas que quedaron libres púxose en marcha unha aula de informática, unha aula de música e unha aula de plástica, así como titorías para os especialistas de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e orientador/a.

No curso 2007-08 transformouse a antigua casa do conserxe en novas dependencias para o centro: unha nova biblioteca e un novo comedor escolar.



page | by Dr. Radut