Skip to Content

Plan proxecta- PDC

Programa especial sobre o Día da actividade física, realizado polo alumnado de 3º

Aquí podemos escoitar o programa especial que o alumnado de 3º, xunto coa mestra de Ed. Física e a súa titora, realizou sobre o Día da actividade física, que se celebra cada 6 de abril.

 

 
 
 

Reparto Froita fresca e leite

Con motivo do noso proxecto de centro de Vida activa e saudable, englobado dentro do Plan Proxecta, durante este curso participamos no "PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE", financiado coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia a través do FOGGA(Fondo Galego de Garantía Agraria).

Este lúns 24 de xaneiro comezaremos co reparto de Froita fresca e leite na hora do recreo. 

O reparto de froita realizarase durante duas semanas, ata o 4 de febreiro e o reparto de leite durará un mes.

Con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de froita e leite, buscando unha alimentación saudable e equilibrada.

 

 

 

 

 

 

XOGADE-Campo a través

O pasado 25 de novembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria puideron desfrutar dunha xornada de deporte o aire libre. Volveron as actividades do programa XOGADE, neste caso coa carreira de campo a Través, onde os nosos alumnos participaron da competición por colexios.

 

 

 

 

XOGOS DO MAGOSTO

Co gallo da celebración do Magosto no mes de novembro, comezamos cos xogos de novembro. Cada aula tiña a súa caixa de material para xogar.

Podedes velo na seguinte presentación.

 

 

XOGOS DO RECREO

Xa comezamos cos nosos "Xogos do recreo".

Aquí poderedes consultar os xogos de cada mes.

 

 

XUÑO

 

ABRIL E MAIO

O mes de abril adicámolo os xogos do mundo, en maio continuamos con eles e ademáis comezou o concurso de bolas.

 

 

MARZO

 

 

FEBREIRO

 

 

 

 

DECEMBRO

 

 

NOVEMBRO

 

 

OUTUBRO

 

 

 

ALMORZOS SAUDABLES 21-22

Xa está de novo aquí as nosas propostas de almorzos saudables. A continuación podedes ver unha pequena presentación onde se inclúen receitas e ideas para que os nenos traian de almorzo o cole.

 

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS

Este curso por mor da pandemia e a situación sanitaria non puidemos realizar a nosa actividade habitual de competición deportiva intercentros, pero os nosos alumnos puideron desfrutar da práctica de deportes no tempo de lecer.

Practicamos bádminton, baloncesto, balonmán e fútbol sala.

 

ROTEIRO DE 4º

      Os alumnos de 4º de Ed. Primaria realizaron un roteiro pola contorna do centro. Pasamos unha mañá descubrindo algunhas zonas da nosa contorna, como o río Perral.

                        

CHARLA ALMORZOS SAUDABLES

En colaboración co Concello de Mos e o Centro de saúde, os nosos alumnos desfrutaron dunha charla e melloraron os seus coñecementos en alimentación e desfrutaron dun almorzo saudable da man de 2 enfermeiras do noso centro de saúde.

 

                

SAÍDA 6º ED. PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º Ed. Primaria fixeron unha saída pola contorna docentro, saíron camiñando dende o centro ata unha zona verde que seatopa nas cercanías do colexio, alí realizaron unha búsqueda.

Esta búsqueda consistía en axudar a buscar as mascotas das aulas de Ed. Infantil que se perderan. Tiveron que resolver diferentes probas para chegar ata as mascotas.

Por sorte conseguiron atopalas e levalas de volta o colexio.

 

                    

Distribuir contido


by Dr. Radut