Skip to Content

Plan proxecta- PDC

BADMINTON+

Os nenos de 5ºA, 5ºB e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de contar cunha clase de bádminton impartida por un entrenador profesional, gracias a colaboración da Federación española de Bádminton e o seu   programa  "Bádminton+".

 

 

 

 

FACEMOS SURF

Os nenos de 6º de Ed. Primaria puideron desfrutar dunha mañán de surf na praia de Patos. Esta actividade foi realizada en colaboración co Concello de Mos.

 

Saída a natureza

O alumnado de 5º fixo unha saída camiñando a contorna e aproveitamos para facer unha búsqueda do tesouro na natureza.

 Pincha na imaxe para saber máis.


Paseo pola senda do Louro

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º desfrutaron dunha mañá de sendeirismo pola sanda do río Louro que transcorre polo noso concello. Ademáis contaron coa compaña de duas monitoras que os acompañaban e explicáronlle todo o referente a flora e a fauna autóctona.

  

 

SAÍDA MONTE ALOIA

BOAS FAMILIAS,

DESPOIS DE MOITO DESEXALO, OS DE 5 ANOS POR FIN PUIDEMOS IR DE EXCURSIÓN. SE CLICAS NA SEGUINTE IMAXE PODEREDES VER QUE BEN O PASAMOS.

Exposición libros

Con motivo do día internacional da actividade física durante todo o mes de Abril fixemos, en colaboración con "Biblio Petela" unha pequena exposición de libros relacionados coa actividade física. 

Tenis de Mesa

Dentro das actividades do programa XOGADE propostas dende a Secretaría xeral para o deporte os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria puideron coñecer e practicar a actividade de tenis de mesa da man de adestradores profesionais.

 

Xornadas Bádminton

 

 

Os alumnos de 4º de Ed. Primaria coñeceron o Bádminton da man de Juan,

un adestrador profesional que nos acompañou e introduciunos no xogo do

bádminton durante 4 sesións. Esta iniciación rematou cunha xornada

competitiva intercentros.

 

 

 

 

XOGADE- VOLEIBOL

 

Dentro do programa XOGADE os alumnos de 5ºB, participaron na

actividade de Voleibol, tiveron un adestrador que se desplazou o noso

colexio e remataron cunha Xornada decompetición intercentros .

Alí tivemos a oportunidades de xogar contra nenos e nenas do CEIP Pena

de Francia e do CEIP Antonio Palacios. Con Miguel o noso adestrador

aprendemos un montón de cousas.

 

 

 

Reparto de Froita e leite- 2º Período

      Este pasado luns 2 de maio comezamos co 2º período de reparto de froita.

    Este reparto durará duas semanas. e como no período anterior o reparto de leite durará 4 semanas.

        

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut