Skip to Content

Plan proxecta- PDC

Xogos de reciclaxe

Colaborando co PDI do centro, dende a área de educación Física e coa colaboración das familias o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria elabotou os seus propios xogos con materiais de reciclaxe.

                  

Día da árbore-Ruta

Con motivo da día da árbore o alumnado de 3º e 4º de primaria realizamos unha plantación e unha ruta camiñando polos montes de Pereiras.

XOGOS TRADICIONAIS

No cole tódolos anos, nos recreos, facemos concurso de Chapas e bolas, ademáis todos os nenos e nenas poden prácticar outros xogos tradicionais como a buxaina.

 

ALMORZOS SAUDABLES

Os alumnos de 6º ed. infantil, 1ºe 2º de Primaria desfrutaron dun almorzo saudable a cargo da mestra de ed. física e en colaboración Centro de Saúde de Mos e o Departamento de Educación do Concello de Mos.

XORNADA FINAL INTERCENTROS

O 25 de maio levamos a cabo a "Xornada Final Intercentros" co resto de colexios de Mos e Porriño.

Desprazámonos ó CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López de Porriño para desfrutar dunha mañá deportiva, onde o alumnado de 6º de ed. primaria conviviu con alumnado do resto dos centros educativos da zona. Foi unha experiencia maravillosa.

Competicións do recreo

O longo do mes de Maio levamos a cabo durante os recreos unha competición de bádminton. Os alumnos de 5º e 6º puideron demostrar a súa habilidade practicando este deporte, e o mos importante , ¡Pasárono xenial!

Actividade no Medio acuático

O alumnado de 6º de Ed. Primaria desfrutou dunha sesión de actividade no medio acuático, gracias a colaboración do Concello de Mos e as monitoras da piscina municipal.

Os nenos e nenas tiveron unha sesión de ximnasia na auga coa que puideron desfrutar dun xeito diferente de ir a piscina e facer exercicio.

                  

Tenis de mesa

Gracias o Concello de Mos e a Always Tenis de mesa dende o mes de Abril contamos no centro con 2 mesas de Tenis de mesa para o uso do noso alumnado nos recreos. Ademáis contamos coa presenza de Samuel, dono e entrenador en Always Tenis de mesa, que impartiu unha clase a todo o alumnado de Ed. Primaria do centro. Tamén contamos con Aarón(6ºA), Hugo (6ºB) e Lola (4º), alumnado que practica este deporte que explicaron e axudaron aos seus compañeiros a coñecer e practicar un pouco máis esta disciplina deportiva.

 

                  

Descubrimos o Baile Deportivo

O alumnado de 1º e 2º de Ed. primaria puideron desfrutar dunha clase de Baile deportivo da man de Patricia Martínez co motivo da conmemoración do día internacional da danza, o día 29 de abril. Pasárono xenial e tiveron a oportunidade de coñecer unha disciplina artística nova. Toda unha honra contar cunha mestra de excepción como é Patricia Martínez.

               

Programa sobre a actividade física, realizado polo alumnado de 3º

Aquí tedes o programa sobre a actividade física realizado polo alumnado de 3º de Primaria. Moi ben o fixeron!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut