Skip to Content

Música

Actividades propostas pola mestra de música

Cantiga do Magosto: "Do outro lado do río"

E xa temos por fin a nosa cantiga do Magosto rematada! Baixo o título de Do outro lado do río, unha representación de cada clase de 1º a 6º de primaria, prestáronnos as súas deliciosas voces e bo facer para crear entre todas e todos esta marabilla de canción. Que boas cantoras e cantores temos en Petelos!

A representación de cada clase foi do seguinte xeito:

1º: Sofía e Noa

2º: Ruth, Clara e Iván

3º: Candela e Alberto

4ºA: Liah

4ºB: Sara

5º: Carla, Leidy, Nerea e Pablo Del Cuvillo

6º: Paola R. e Nicole

Esperamos que vos guste!

Medomedá. Samaín 2020

E polo Samaín... o alumnado de 1º e 2º curso falamos dos nosos medos e debuxámolos. Esperamos que pasedes un anaco ben terroríficooo!

Estamos no verán

Despois destes meses tan estranos e atípicos para tod@s, por fin... Eastamos no verán! Con este vídeo despedimos o curso, esperemos que o disfrutedes e que se cumpran os vosos desexos. Vémonos en setembro!

Dende Petelos a Binéfar

Xa temos "Dende Petelos a binéfar", a nosa homenaxe á música e á vida titiriteira. Esperamos que o disfrutedes.

Baila-Mos con Os d'Abaixo

Aquí podedes ver o vídeo Baila-Mos con Os d'Abaixo, para que disfruteses todas e todos co baile... Graciñas pola vosa participación!

Coroa de violetas ilustrada

Xa podedes ver a canción "Coroa de violetas" ilustrada cos dubuxos que vós fixestes. Noraboa! A disfrutala!

Construción de instrumentos musicais

Aquí deixo a presentación que preparei coas fotos que me mandastes dos vosos instrumentos musicais. Noraboa polo traballo. Sodes uns e unhas artistas!

Coroa de violetas

Aquí temos a canción "Coroa de violetas", composta por Uxía sobre un poema de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2020. Animádevos a aprendela e a cantala!

Distribuir contido


by Dr. Radut