Skip to Content

2021-22

Audio Entrega de premios concurso Mulleres na música galega

Aquí podemos escoitar a conexión que fixemos para coñecer os gañadores e gañadoras do noso concurso sobre Mulleres na música galega, e para coñecer como vai o noso ranquing musical.

Entrega de premios Concurso Mulleres na música galega

E xa temos aquí os premiados e premiadas do noso concurso especial sobre Mulleres na música galega! Noraboa aos gañadores e gañadoras, e a tod@s @s participantes por facelo tan ben!

Programa especial Día da Poesía

Xa temos aquí o noso programa especial para celebrar o Día da Poesía, dirixido polo alumnado voluntario da biblioteca de 6º curso, e no que participou todo o cole. Aquí tedes o resultado. Fixérono xenial!

Programa sobre China

No seguinte enlace podedes escoitar un magnífico programa sobre China, realizado polo alumnado de 4º curso. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Programa Mulleres na música galega

E...xa temos aquí o noso programa adicado ás Mulleres na música galega, onde o alumnado de 6º fixo unha investigación sobre mulleres músicas ou cantantes en Galicia, elaboraron o guión e fixeron este fantástico programa de radio, co que conmemoramos o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Esperamos que vos guste!

Entrega de premios concurso sobre a Paz

Pois xa temos aquí as fotos de como se gravou o programa do Día da Paz, e tamén as fotos dos gañadores e gañadoras do concurso. Esperamos que o disfrutedes!!

 

Así foi a entrevista a Paca e Uxía...

Aquí deixamos unha mostra en imaxes da 1ª entrevista que tivemos en Radio Petela, a Uxía e a Paca, para conmemorar o Día Mundial da Radio. Esperamos que a disfrutedes.

Día Mundial da Radio Especial Ponte...nas Ondas: Entrevista a Uxía e Paca

Esta ano, para conmemorar o Día Mundial da Radio, nunha iniciativa promovida por Ponte...nas Ondas,  tivemos a sorte de poder entrevistar en Radio Petela a Uxía e Paca, veciñas cantoras de Sanguiñeda de De O Porriño. Foi unha entrevista sobre o patrimonio inmaterial, na que o pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas. O alumnado de 2º foi o encargado de facer a entrevista, coa colaboración de Nerea e Martín, de 6º, no equipo técnico. No seguinte enlace poderedes escoitalo.

Programa especial Día da Paz

Hoxe, venres 28 de xaneiro, o alumnado de 1º curso, xunto coa súa profe Iria, preparou e realizou un programa de radio especial sobre o Día da Paz, que, como sabedes, celébrase cada ano o 30 de xaneiro. Aquí podedes escoitalo, e non o perdades, porque o fixeron XENIAL!! Queremos agradecer ao noso técnico formado por Martín e Pablo R., de 6º, a súa colaboración.

Entrega premios concurso conto musical

Xa temos aquí os gañadores e gañadoras do noso concurso sobre o conto musical. Noraboa a tod@s pola vosa participación!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut