Skip to Content

Plan proxecta- PDC

2ª Xornada Intercentros

O alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria desfrutou da súa segunda xornada intercentros dentro do programa Xogade. Nesta ocasión visitamos o CEIP Plurilingüe Pena de Francia.

         

XOGADE- Voleibol

No mes de xaneiro o alumnado de 5º tivo a sorte de realizar uns entrenamentos para coñecer o Voleibol coa presenza dun adestrador desta disciplina. Puidemos realizar esta actividade grazas ao programa Xogade e o Servizo provincial de deportes da Consellería.

                  

XORNADA INTERCENTROS

Un ano mais dentro do programa XOGADE, realizamos os encontros intercentros. A primeira xornada enfrentounos ao CEIP Atin-Cela. Unha maravillosa xornada de deporte e convivencia.

            

Almorzos saudables

Un ano máis o alumnado de 5º de Ed. Primaria participou nas actividades do "Club Vitaminas" de Frutas Nieves, onde coñecen aspectos relacionados coa alimentación e como realizar un almorzo saudable.

Magosto 2023

 

 

Pinchando na imaxe poderedes ver unha presentación do noso magosto.

 

 

 

 

REPARTO DE FROITA E LEITE

Un ano mais con motivo do noso proxecto de centro de Vida activa e saudable, englobado dentro do Plan Proxecta, durante este curso volveremos a  participar no "PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE", financiado coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia a través do FOGGA(Fondo Galego de Garantía Agraria).

        Este luns 22 de xaneiro comezaremos co reparto de Froita fresca e leite na hora do recreo. 

    O reparto de froita realizarase durante duas semanas, ata o 2 de febreiro e o reparto de leite durará un mes.

     Con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de froita e leite, buscando unha alimentación saudable e equilibrada.

Carreira Campo a través

Como cada ano participamos na competición escolar de campo a través.

Actividades deportivas- BALONMÁN

A nosa segunda actividade de promoción foi o Balonmán a cargo do CB Porriño.

Actividades deportivas -KARATE

Xa comezamos coas primeiras actividades de promoción deportiva.Coñeceron nesta ocasión o Karate.

Almorzos Saudables

Un curso máis queremos ofrecervos unha proposta de almorzos saudables co fin de inculcar uns hábitos de vida mais saudables. Levades tamén unha proposta de receitas sinxelas para facer cos nenos na casa.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut