Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Cantos de aguinaldo das mestras

Despois de varios anos do alumnado pedindo o aguinaldo polas clases e polo IES de Mos, pareceunos xusto despedir ao noso alumnado cantando unha panxoliña, neste caso, foi Nadal en Petelos, unha adaptación da panxoliña Nadal en Luintra. Esperamos que vos guste.

Vídeo Himno da nosa escola

Xa temos aquí o vídeo do Himno da nosa escola, gravado e realizado polo alumnado de 6º, que este curso se despediu do cole. En xuño do ano pasado, gravamos o audio, e en xuño deste ano, o vídeo, así que... a nosa escola xa ten himno e identidade propia!

 

Biografía en verso Francisco Fernández del riego

No seguinte enlace podedes ver a biografía en verso ilustrada de Francisco Fernández del Riego, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2023. Na cración da letra participou alumnado de 4º, 5º e 6º, e profesorado. Na gravación do audio, participaron familias, profesorado, e alumnado de 4º, 5º e 6º. Estes últimos realizaron tamén as ilustracións que acompañan ao audio. Esperamos que o disfrutedes.

 

 
 
 
 
 

Regueifando!

Regueifando!!No seguinte enlace podedes ver e escoitar as regueifas de rapazas e rapaces de toda Galicia, e na que participou o alumnado de 6º do CEIP Petelos.

https://www.youtube.com/watch?v=mknWJCWneKo

 

 

 

Os Maios das Mestras e das familias

No seguinte enlace podedes ler as coplas e ver os vídeos dos Maios das mestras e das familias.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=DubFaf12cAGEj4BgSzXJ

 

Os Maios de 3º a 6º

No seguinte enlace podedes ler as coplas e ver os vídeos dos Maios de 3º, 4º, 5º e 6º.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=TMZJb9Q2F8DsXr0nEiSd

 

Maios Infantil, 1º e 2º

No saguinte enlace podedes ver as coplas e os vídeos dos Maios de Infantil, 1º e 2º curso.

 

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=NoRnCZ8W6Df4AFUa27Kx

Día de Rosalía "Has de cantar"

Para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro, co alumnado de 3º e 4º, na aula de Música, traballamos a canción "Has de cantar", incluída no disco de Rosalía pequeniña, con música de Uxía, e letra da propia Rosalía. No seguinte enlace, poderedes ver o vídeo que fixemos a partir das ilustracións feitas polo alumnado de 3º e 4º de primaria. Esperamos que o disfrutedes.

Samaín 2022

Aquí temos as cabazas que trouxeron os nenos e nenas do CEIP Petelos polo Samaín. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

 

Cantiga do magosto 2022: "Chega o magosto"

Xa temos aquí a cantiga do magosto deste ano, titulada "Chega o magosto", con música da nosa mestra de Música Raquel, e letra composta polo alumnado de primaria do CEIP Petelos. Esperamos que vos guste. Nós pasámolo pipa gravándoa!

Distribuir contido


by Dr. Radut