Orientación

LANZÁMOSVOS UNHA PROPOSTA...TEApuntas?

Hoxe día 2 de abril, conmemórase o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo" e dende o CEIP de Castrelo querémosvos enviar un reto as vosas casas....TEApuntas?
Pois clica no documento adxunto e comprobarás o reto que vos queremos propoñer. A ver se entre todos o conseguimos!!

Recomendación para a semana do 30 de marzo ó 3 de abril

Comezando unha nova semana, adxuntamos un documento con actividades, recomendacións, propostas... mais concretas para intentar axudar e/ou proporcionar tarefas que o alumnado as poida realizar dende as súas casas. Preme no adxunto para ver a información.

Recomendacións dende o Departamento de Orientación

Dende o Departamento de Orientación somos conscientes de que estes días son moi diferentes e complicados para todos e todas. No documento adxunto atoparedes recursos tanto  de consellos psicolóxicos para pasar longos períodos na casa ata recomendacións de áreas, de actividades de Audición e Linguaxe E Pedagoxía Terapéutica entre outros e tamén recomendacións para todas as familias. Dende o centro e concretamente dende este departamento, mandamos os nosos ánimos para pasar este confinamento do modo mais tranquilo e pacífico posible. Pronto nos veremos. Agora só nos temos que ficar na casa.

Distribuir contido