Secretaría

INICIO DO CURSO 2019-2020

As clases en Ed. Infantil e Ed. Primaria comezarán o vindeiro mércores 11 de setembro de 2019.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, como unha xornada lectiva máis.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) ten período de adaptación. Consultar horarios no centro.

Funcionarán normalmente os servizos de Transporte, Comedor e Plan Madruga.

MODIFICACIÓNS Á MATRÍCULA NAS ÁREAS DE RELIXIÓN CATÓLICA E VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

Infórmase que, de acordo coa normativa actualmente vixente, o prazo para solicitar modificacións á matrícula nas áreas de Relixión católica ou Valores sociais e cívicos remata o día 15 de setembro.

Para facer o cambio de Relixión católica a Valores sociais e cívicos ou viceversa deberase cubrir e asinar un impreso que se facilitará na secretaría do centro, sempre dentro do prazo arriba indicado.

 

Para máis información chamar ao Centro ou consultar na seguinte ligazón o Capítulo IV, punto 8a:

 Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97)

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019/2020 (CENTROS ADSCRITOS)

A partir do 1 de febreiro ata o vindeiro 15 deste mesmo mes, queda aberta a reserva de praza para centros adscritos (neste caso para Educación Secundaria Obligatoria no IES Francisco Asorey). Poderase facer a mesma entregando o Anexo I, formulario de solicitude, código ED550A, que foi aprobado como anexo  da Orde do 25 de xaneiro de 2017.

O modelo consta na aplicación dende o venres 25 do mes de xaneiro e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia. Sinalar que, no caso de que o soliciten as persoas indicadas a través da aplicación da Consellería, deberán facilitar tamén unha copia en papel na secretaría do centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2019/2020

Rematado o prazo de reclamacións, publícase a listaxe  provisional de alumnado para a súa admisión no centro para o vindeiro curso 2019/2020.  Para ver a listaxe completa, abra o arquivo adxunto.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 xuño.

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2019-20

 Infórmase da publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2019/2020.  Para consultar a listaxe prema no documento adxunto.

Lémbrase que o prazo de formalización de matrícula será entre o 20 e 30 de xuño.

 

 

Distribuir contido