Secretaría

Horario de atención ao público- Curso 2020/2021

Informamos que no presente curso 2020/2021 o horario de atención ó público do equipo directivo será o que se detalla na táboa a continuación. Lémbrase que para calquera trámite deberase solicitar cita previa, (ademais de manter as medidas sanitarias vixentes en cada momento).

 

 

 

1º HORA

9 A 9:55 H

2º HORA

9:55 A 10:50 H

3º HORA 

10:50 A 11:40 H

RECREO

11:40 A 12:10H

 4º HORA

12:10 A 13: 05H

5º HORA

13:05A 14:00H

LUNS

 DIRECCIÓN 

 

 

       
MARTES

  

 

        DIRECCIÓN
MÉRCORES

 

  

DIRECCIÓN

       
XOVES

XEFATURA DE 

ESTUDOS

        SECRETARÍA
VENRES

SECRETARÍA

XEFATURA DE 

ESTUDOS

        DIRECCIÓN

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2020/2021. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as e deberán formalizar a matrícula  do 1 ao 10 de xullo de 2020, preferiblemente con cita previa. 

No momento de formalización de matrícula, o centro proporcionará este documento ademais doutras informacións e autorizacións referentes á imaxe, transporte ou comedor. As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

- Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade infecto contaxiosa

- Copia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

- Copia do boletín de vacinas (de ser o caso).

- 2 fotos tamaño carné.

 

Para calquera outra información e/ou aclaración deste procedemento, pódense poñer en contacto co centro nos teléfonos 886 151 171 / 886 151 172 en horario de 9:00 h a 14: 00 h.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/2022

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2021/2022. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as  . Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Todo o alumnado que o vindeiro curso 2020-2021 estea matriculado en Primaria poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar. A renda per cápita da unidade familiar ten que ser igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.

O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º)

O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2020/2021. Os libros asignaranse por orden inverso á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.

Anexo I 

* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 19 de xuño de 2020 (inclusive). 

* Este anexo é válido para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.

* A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.

* Os datos da situación familiar teñen como referencia o 31 de decembro de 2018 (no caso de non autorizar a consulta de datos).

* A renda familiar é a do ano 2018. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.

* Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

* De ser o caso, tamén se achegará documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor), discapacidade, situación de violencia de xénero, situación de acollemento  ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.

* Os libros entregaranse en setembro de 2020.

* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.

Toda a información premendo en D.O.G. de martes, 19 de maio de 2020.

MODOS DE PRESENTACIÓN

Debido á situación sanitaria actual, para a tramitación da solicitude de modo presencial será necesario ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.

 

Para calquera outra información poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151 171 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

 

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO-CURSO 2020/2021

No día de hoxe ben de publicarse a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Adminstracións Públicas e Xustiza pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) (para ver o texto máis información detallada prema aquí). Nesta Resolución anúnciase o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria entre outros, quedando os novos prazos do seguinte xeito:

  • prazo na reapertura de entrega de solicitudes de admisión: do 11 de maio de 2020 ao 18 de maio de 2020
  • recollida e entrega de documentación e solicitudes: realizarase dentro do horario normal do centro, no noso caso de 9:00h a 14:00h
  • publicación das listaxes provisionais: antes do 9 de xuño de 2020
  • publicación das listaxes definitivas: ata o 26 de xuño de 2020
  • prazo de formalización da matrícula : do 1 ao 10 de xullo de 2020.

 

 

Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre

Hoxe, día 28 de abril, saiu publicada a Instrución do día 27 de abril de 2020  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. (ligazón ao texto da Instrución aquí).

Dende o centro queremos destacar certos aspectos da mesma. O calendario, tarefas do alumnado, labor do profesorado, avaliación e adaptación do currículo son puntos concretos desta instrución que detallamos a continuación no documento adxunto. 

Lembramos que podedes contactar co centro para calquera aclaración.

 

IMPRESIÓN DE MATERIAL

Dende o centro queremos informar da iniciativa do Concello de Cambados en relación á impresión de material que comezou a organizar na pasada semana xa que algunhas familias non dispoñen de medios para imprimir propostas que se están a facer dende o centro para continuar e reforzar aprendizaxes, aínda que tamén debemos indicar que moitas delas son interactivas e outras pódense faer simplemente copiando, empregando libretas, realizando traballos manuais, etc.

Na xornada de onte, a todas as familias do alumnado de Primaria que dispoñen da aplicación Abalar Móbil chegoulles un aviso desta iniciativa. Cómpre sinalar a importancia de ser responsables co uso e coa solicitude da mesma xa que se trata dun ben común de toda a Comunidade. Por iso pedimos mesura e solicitala sempre e unicamente que sexa preciso.

Para poder acceder a este servizo, as familias interesadas deberán contestar a través da aplicación Abalar Móbil da solicitude da mesma. A comezos da próxima semana (a partir do luns 13 de abril de 2020), porémonos en contacto individualmente con cada un dos responsables para información e/ou achegar a información que sexa precisa sobre esta iniciativa.

Información sobre o COVID-19 (Coronavirus)

 Información sobre o COVID-19 (Coronavirus)

Dende o CEIP Plurilingüe de Castrelo informamos que no centro estase a facer un seguemento de todas as recomendacións e directrices da Consellería de Educación e do resto de organismos oficiais en relación co COVID-19 (coronavirus).

En relación a esto, indicamos que a vida do centro estase a levar con total normalidade a pesar de que se tomarán as medidas hixiénicas propias que sinalan as autoridades sanitarias.

Pedimos a colaboración dende as familias para inculcar hábitos saudables e traballar nas medidas de prevención, así como se se detecta febre ou algún dos síntomas no alumnado ou na familia, nolo poñan en coñecemento e non os traian ó centro.

Para mais información, pregamos consulten a seguinte ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

 Así mesmo, estase a traballar o tema nas aulas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de adoptar unhas correctas medidas de hixiene persoal na prevención de enfermidades.  Na seguinte ligazón, pódese ver un resumo das medidas a adoptar elaborado polo alumnado de sexto de primaria.

https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/03/10/en-modo-prevencion/

Normativa de Organización e Funcionamento do Centro

Derivada da situación de pandemia e de diferentes contextos de ensino que se pudieran dar para o noso alumnado, a Normativa de Organización e Funcionamento do Centro axeitouse a esta nova situación e posibles escenarios en canto deberes e dereitos de todos os membros da comunidade educativa.

Dada a importancia que este documento ten para o funcionamento do centro, convidámolos a que o consulten, ben na Secretaría do Colexio, ben no arquivo adxunto.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

O Calendario Escolar para o curso 2019-2020 pódese consultar no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Ademais dos sinalados no calendario escolar, serán días non lectivos o 20 de marzo de 2020 e o 4 de maio de 2020, aprobados ambos pola Xefatura Territorial de Pontevedra.

Distribuir contido