PLAN MADRUGA CURSO 24-25
Enviado por admin o Mar, 30/04/2024 - 17:38Do 2 de maio ao 31 de maio de 2024 será o prazo para a solicitude do Plan Madruga do próximo curso 2024/25. Toda a información sobre o mesmo, así como a folla de inscrición e a documentación precisa para o trámite atópase no arquivo adxunto.
PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025
Enviado por admin o Mar, 27/02/2024 - 13:47PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/25
a. Normativa reguladora da admisión de alumnado.
b. Oferta de postos escolares para o curso 2023/24.
4º EDUCACIÓN INFANTIL .........................17 prazas + 3 prazas NEAE
5º EDUCACIÓN INFANTIL .........................8 prazas
6º EDUCACIÓN INFANTIL .........................11 prazas
1º EDUCACIÓN PRIMARIA ........................ 0 prazas + 3 prazas NEAE
2º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................9 prazas
3º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................3 prazas
4º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................3 prazas
5º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................4 prazas
6º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................7 prazas
c. Presentación de solicitudes.
Os impresos de solicitude poderán recollerse no Centro en horario de dirección,
Os impresos de solicitude, así mesmo, poden descargarse clicando na seguinte ligazón.
Unha vez cumprimentados, os impresos deberán entregarse no Centro acompañados da seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas) ou do DNI.
- Certificación do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023/24 (só alumnado procedente doutro centro).
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
A solicitude de admisión tamén pode facerse por vía electrónica cumprimentando e presentando a solicitude na seguinte aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado
O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024.
Só se pode presentar a solicitude nun centro, de non seguir esta norma as solicitudes duplicadas serán anuladas.
d. O alumnado só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Así mesmo, o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
En Castrelo, a 27 de febreiro de 2024.
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023 -2024
Enviado por admin o Mér, 17/01/2024 - 17:57A través desta publicación e clicando en cada un dos cursos ou etapa, poderedes acceder ao contido de cada unha das programacións didácticas para o curso 2023- 2024:
- EDUCACIÓN PRIMARIA (áreas impartidas na titoría):
- ESPECIALIDADES
PROCESO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN
Enviado por admin o Lun, 15/01/2024 - 19:20Dende o día 15 de xaneiro de 2024 ata o día 5 de febreiro de 2024 ábreseo prazo para a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición para que o alumnado de 6º de Primaria poida continuar os seus estudos obrigatorios. O centro adscrito é o IES Francisco Asorey. Este trámite poderase realizar a través de dúas vías:
- modo presencial/físico no centro: a través da solicitude que se enviará ás familias ou a través da creación do formulario a través da seguinte Aplicación Admisión Alumnado clicando no menú Solicitudes- Reserva- Crear. Se se opta por esta vía, sempre se deberá entregar no centro.
- modo telemático: a través da aplicación anterior sempre que se dispoña dun certificado dixital ou acreditación válida (chave 365).
Aquel alumnado que non desexe reservar no centro adscrito, deberá consultar os prazos de reserva de praza naquel centro ao que queira optar no vindeiro curso.
RECOLLIDA MEDICACIÓN E MATERIAL SANITARIO PARA O POBO SAHARAUI.
Enviado por admin o Mar, 07/11/2023 - 19:58Dende o centro colaborarase na recollida de medicación e material sanitario para o pobo saharaui dende hoxe ata o día 20 de novembro. Máis información nas imaxes adxuntas.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024 - DÍAS NON LECTIVOS
Enviado por admin o Mér, 04/10/2023 - 22:37Informamos do Calendario Escolar do centro para este curso 2023/2024 trala aprobación do mesmo polo Consello Escolar. Reseñar que como días non lectivos solicitáronse o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024.
A continuación detállase o calendario. Nel atópanse sombreados en gris todos os días nos que non hai clase (fin de semana e vacacións) e en verde os días de entrega de boletíns. Os días non lectivos están sinalados cun asterisco e tamén serán días nos que non haberá clase.
AXUDAS PARA TRANSPORTE E ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS
Enviado por admin o Mér, 04/10/2023 - 17:54Vense de convocar un ano máis as axudas para o ensino e o transporte do Concello para alumnado que curse Educación Primaria. Poden consultar toda a información así como os requisitos para poder optar a elas no documento adxunto.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2023-24
Enviado por admin o Mér, 04/10/2023 - 08:37Publícase a Programación Xeral Anual para o curso 2023-24 trala súa aprobación nos Claustro e Consello Escolar celebrados o pasado martes 3 de outubro de 2023.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CURSO 2023/2024
Enviado por admin o Dom, 24/09/2023 - 12:10Achégase o horario de atención ao público do equipo directivo para o curso 2023/2024. Por motivos de organización, pregamos concerten cita previa para que poidan ser atendidos correctamente.
|
1º hora: 9:00-9:50 |
2ª hora: 9:50-10:40 |
3ªhora: 10:40-11:30 |
4ªhora 12:00-13:10 |
5ª hora: 13:10-14:00 |
LUNS |
DIREC XE |
|
|
SECRET |
|
MARTES |
|
|
|
|
DIREC |
MÉRCORES |
DIREC |
|
|
SECRET |
|
XOVES |
|
|
|
XE |
DIREC |
VENRES |
|
|
|
|
DIREC/SECRET |