Dinamización da Lingua Galega

SERÁN NO PAVILLÓN DO NOSO COLE

DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ O CARTEL QUE ANUNCIA O SERÁN QUE SE VAI CELEBRAR O VINDEIRO SÁBADO 31 A PARTIR DAS 19H. NO PAVILLÓN DO NOSO COLE.

Lembrade que é unha actividade organizada para recaudar fondos para todos os nenos e nenas que van participar na excursión a neve.

Animádevos a vir, ímolo pasar moi ben!!!

O EDLG PUBLICA OS GAÑADORES DO IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Picando na imaxe accederedes á presentación dosgañadores desta edición do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Noraboa aos premiados e grazas a todo o alumnado que colaborou.

NOVIDADES, MERCADILLO NO COLE!!!

PICADE NA IMAXE E...

ACCEDEREDES A INFORMACIÓN QUE OS ORGANIZADORES DA EXCURSIÓN A NEVE DO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º VOS QUEREN FACER CHEGAR.

EXCURSIÓN A NEVE

PARTE DO NOSO ALUMNADO VAISE DE...

Deixámosvos por aquí información de todas as actividades que se están a realizar por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º para recaudar fondos.

COLABOREMOS TOD@S!!!

MATERIAL PARA TRABALLAR O MAGOSTO

O Blogue do EDLG xa está funcionando para todas e todos vós. Esta semana na que celebramos o MAGOSTO no cole queremos recordarvos que nel poderedes atopar numerosos materiais que atopamos na rede e outros moitos que se va elaborando.

Deixámosvos por aquí un enlace ao blogue e outro ás actividades relacionadas con este temática:

A REVISTA DO COLE DE ATIOS

Xa temos aquí un novo número da Revista do CEIP PLURILINGÚE DE ATIOSPEDRA ROSA. Desxamos que vos guste e que a disfrutedes moito.

Só tendes que picar na imaxe e accederedes á noticia do Blogue do EDLG donde poderedes tamén imprimila todos aqueles que o desexedes.

 

O LIBRO VIAXEIRO

O noso cole participa no proxecto do Concello de O Porriño "O LIBRO VIAXEIRO". Por aquí vos deixamos un enlace ao blogue do EDLG donde poderedes ver o traballo presentado. Só tendes que picar na imaxe:

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Deixámosvos por aquí un enlace ao blogue do EDLG donde poderedes ver con máis detalle a actividade feita polo alumnado de primaria con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO. Foi unha actividade coordinada polo EDLG e polo Equipo de Biblioteca na cal os nenos e nenas o pasaron moi ben lendo e traballando nun ambiente diferente.

 

ENLACE Á NOTICIA

NO BLOGUE DO EDLG

DÍA DO LIBRO

A XUNTA PUBLICA MATERIAL FEITO POLO NOSO ALUMNADO

Estamos de noraboa! A Xunta acaba de publicar un material feito polo noso alumnado coordinado polo EDLG. Deixámosvos por aquí unhas fotos e un enlace ao BLOGUE de DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA donde poderedes ver a noticia:

 

 

 

ENLACE Á NOTICIA

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer