SECRETARÍA

ADMISIÓN ALUMNADO VINDEIRO CURSO 2024/2025

Infórmase que foi admitido todo o alumnado que presentou solicitude neste centro para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

Do 20 ao 30 de xuño terase que realizar a Formalización de matrícula polo que preto desas datas deberán estar pendentes desta web xa que se publicará información ao respeto.

*Convocarémosvos por correo electrónico a unha reunión nesas datas.

Podedes aproveitar para entregar a documentación solicitada.

 

MATRICULACIÓN ESCOLAR CURSO 2024/2025

Comunicámoslles que do día 1 ao 20 de marzo incluído estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2024/25.

*Poderán cubrir ou descargar os impresos na seguinte aplicación

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1-Cubrir a solicitude informáticamente, descargala e presentala asinada de xeito manual no centro.

2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Ademais debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

*A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).

- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023-2024 (só alumnado procedente doutro centro).

- Xustificante de empadronamento conxunto (onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar).

- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

* Si escolle a opción de presentar a solicitude coa documentación no colexio poderá facelo en horario de Secretaría: de luns a venres de 11:00h. a 11:40h.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

*Na solicitude poderán pedir ata 6 colexios por orde de preferencia.

*A solicitude entregarase no centro solicitado en primeiro lugar.

*A solicitude de admisión é única para cada alumno/a, por tanto non se poden presentar solicitudes en varios colexios. Só se podería facer si se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente).

*A existencia de varias solicitudes (sen renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

*Datas:

-Publicación de listaxe provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril

-Publicación de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 15 de maio

-Formalización de matrícula para Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS 2023/2024

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS CURSO 2023/24

Infórmase que xa están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas dos libros que lles foron asignados ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria .

Tamén o podedes comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave 365.

Recordade que:

*si vos corresponden 4 libros teredes que comprar o libro de Ciencias da Natureza e o de Inglés.

*todos os alumnos/as de 4º EP teñen que comprar o cadernillo de inglés (Activity book).

Avisaremos en Setembro para a entrega dos libros (unha vez que teñamos os lotes preparados).

FONDO DE LIBROS E VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

Infórmase que están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais do fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º EP.

Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.

Nesta listaxe só aparece a cantidade de libros que lle foi asignado a cada neno/a pero teñan en conta que:

*Si lles asignan 4 libros corresponden ás  materias de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Ciencias Sociais (por tanto terán que comprar os libros de Ciencias da Natureza e de Inglés)

*Si lles asignan 6 libros corresponden a todas as materias (por tanto os de 3º EP non terían que comprar ningún libro de texto e os de 4º EP só terían que comprar o cadernillo de Inglés- Activity book)

Poderán presentar  reclamacións durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.

Publicaranse as listaxes definitivas o vindeiro 10 de xullo.

 

RECOLLIDA DE VALES (AXUDA DE LIBROS PARA ALUMNADO DE 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO DE PRIMARIA)

Comunícase que xa están publicadas as listas de admitidos e excluídos para a adquisición de vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º EP e para a adquisición doutro material escolar do alumnado de Primaria.

Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.

A aqueles que lles corresponde algún tipo de vale o poderán recoller no colexio entre os días  6 e o 21 de xullo en horario de 10h a 14h. (o día 11 estará pechado o colexio por ser festivo local).

Se non poden nesas datas o poderán recoller en setembro.

*Recordámoslles que:

-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.

-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.

-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.

-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.

 -Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

 

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

-Informamos que para formalizar a matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar teñen que cubrir e entregar na secretaría do colexio os seguintes impresos (do 20 ao 30 do presente mes):

*Formalización de matrícula

*Lingua materna (só alumnado 4ºEI)

*Teléfonos

*Autorización uso da imaxe

*Autorización de recollida do alumnado por persoas diferentes a nai ou pai

*Alerta Escolar (se corresponde)

*Solicitudes de transporte e comedor (se están interesados no uso destes servizos).

NOTA: Aqueles que soliciten o uso de comedor terán que cubrir ademais a folla de AUTODECLARACIÓN que facilitaremos cando saian publicadas as instruccións.

Poden imprimir os impresos pinchando nos documentos adxuntos.

 -E ademais deberán entregar:

*Fotocopia da cartilla de vacinas

*Fotocopia da tarxeta sanitaria

*4 fotografías tamaño carné (só alumnado de Educación Infantil)

*Certificado de matrícula do curso actual 22-23 (só para alumnado procedente doutro colexio).

 

*Celebrarase unha reunión coas familias o día 26 de xuño ás 11h. (non poderán asistir os nen@s).

Podedes aproveitar para entregar a documentación solicitada.

 

AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

AXUDAS EN RELACIÓN COS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2023/2024

 

Informamos que xa poden solicitar as axudas en relación cos libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024 (ORDE do 10 de maio de 2023, publicada no DOG do 19 de maio):

 

TIPOS DE AXUDAS SEGÚN OS CURSOS

*1º e 2º de E.P. poderán solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar.

*3º e 4º de E.P. poderán solicitar o préstamo de libros e a axuda para a adquisición de material escolar.

*5º e 6º de E.P. poderán solicitar axuda só para a adquisición de material escolar (xa que están incluídos no proxecto E-DIXGAL e non utilizan libros impresos).

 

SOLICITUDES

*Terán que cubrir os impresos (Anexos I e II) na aplicación Fondolibros https:/www.edu.xunta.es/fondolibros. Poden cubrilos directamente na aplicación ou imprimilos e cubrilos manualmente.

*Se facilitarán os impresos no colexio nos casos en que non teñan maneira de acceder á aplicación ou non poidan imprimilos.

*As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou representantes legais do alumnado.

*Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2023/24 (si se fai por vía electrónica presentarase unha solicitude para cada alumno/a).

*As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda (exercicio fiscal do ano 2021), excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

*Dúas opcións:

-Presentación no colexio: terán que imprimir os dous anexos, asinar nos apartados correspondientes e aportar tamén a documentación solicitada.

-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, xunto coa documentación.

*O prazo de presentación é ata o día 21 de xuño.

Para evitar aglomeracións establécense uns días para cada nivel (teñan en conta que se refire aos niveis do vindeiro curso). Rogamos que na medida do posible se axusten ás datas establecidas, en horario de secretaría (10,50 h. a 11,40 h.) En casos de irmáns poderán escoller o día que lles vaia mellor.

 

TEÑAN EN CONTA QUE OS NIVEIS SON DO CURSO 2023/2024

24   MAIO

1º E.P.

25   MAIO

1º E.P.

26  MAIO

1º E.P.

29    MAIO

1º E. P.

30  MAIO

2º E.P.

31   MAIO

2º E.P.

 1   XUÑO

2º E.P.

2   XUÑO

2º E. P.

5    XUÑO

3º E.P.

6   XUÑO

3º E.P.

7    XUÑO

3º E.P.

8    XUÑO

3º E.P.

9   XUÑO

4º E.P.

12  XUÑO

4º E.P.

13  XUÑO

4º E.P.

14  XUÑO

5ºE.P.

15  XUÑO

5ºE.P.

16  XUÑO

5ºE.P.

19  XUÑO

6ºE.P.

20  XUÑO

6ºE.P.

21  XUÑO

6ºE.P.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN OBLIGATORIA

*Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

*No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2021, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO DE ADMISIÓN

NORMATIVA REGULADORA:

*Decreto 13/2022 do 3 de febreiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º Ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato.

 

*Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro) pola que se desenvolve o Decreto anterior.

 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/2024:

CURSO

GRUPOS PROPOSTOS 2021/22

VACANTES OFERTADAS

4º EI

1

22+3NEAE

5º EI

1

9

6º EI

1

6

1º EP

1

11

1

0

1

3

1

2

1

3

1

2

ÁREA DE INFLUENCIA DO COLEXIO

-Parroquia de Atios

-Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final

-Rúa San Sebastián dende o nº 50 e 59 ata o final

-Rúa Manuel Rodríguez dende o nº 84 e 65 ata o final

-Rúa Leandro Diz dende o nº 6 e 13 ata o final

-Rúa Carrola completa

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

1- Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2023/2024 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo (a día de hoxe 4,50€).

Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

SOLICITUDES PARA USO DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2022/2023

 

 

 

SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023

 

Como xa se avisou por Abalar aqueles que solicitaron o uso destes servizos o curso actual xa non teñen que presentar  as solicitudes para o vindeiro curso.

Só tedes que presentar o Anexo de Autodeclaración aqueles que solicitades Comedor (o podedes descargar no aviso de abaixo).

 

Se alguén non fixo uso destes servizos o curso pasado e quero solicitalos para o vindeiro pode descargar os impresos pinchando nos documentos adxuntos.

 

                        

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km. Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.

*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

*Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio (a excepción dos enviados pola Comisión de Escolarización) pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes no autobús concreto.

Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2022/2023 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo. Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

ANEXO II A CUBRIR PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR

Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.

Non terá que cubrir este impreso o alumnado de novo ingreso que non pertence á zona de influencia do colexio, xa que lle corresponderá aboar a cantidade de 4,50€ por día que faga uso do comedor.

ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN

 

*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2021

Para determinar a renda anual familiar do ano 2021 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:

-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo:

casilla 435 + casilla 460 - casilla 595

-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:

Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario

-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.

 

*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2021) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:

-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:

*Os cónxuxes.

*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.

*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.

-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:

*Pai ou nai

*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.

-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.

 

*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar.

Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link  https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.

SOLICITUDES PARA MÁSCARAS

SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Informamos que saíu publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro de 2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021-22.

 

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.

·  Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.

 

PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE

· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2019) sexa igual ou inferior a 6.000€.

· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que no lo soliciten telefonicamente.

· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22.

·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de secretaría (10:50h a 11:40h)

·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

· Prazo de presentación: Ata o 26 de novembro de 2021

 

ENTREGA DE MÁSCARAS

· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer