SOLICITUDES PARA MÁSCARAS

SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Informamos que saíu publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro de 2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021-22.

 

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.

·  Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.

 

PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE

· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2019) sexa igual ou inferior a 6.000€.

· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que no lo soliciten telefonicamente.

· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22.

·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de secretaría (10:50h a 11:40h)

·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

· Prazo de presentación: Ata o 26 de novembro de 2021

 

ENTREGA DE MÁSCARAS

· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer