BENVIDOS A PÁXINA WEB DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS!!!

 

 

CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS ( O Porriño )

Covelo s/n - CP - 36418

Tlfnos. 886110483

            886110484  

 Fax.   886110485

E-mail: ceip.atios@edu.xunta.es

36018422

COMEDOR E TRANSPORTE 2021-2022

O alumnado que fixo entrega das súas solicitudes para o curso 2021-2022 queda admitido para o curso 21-22 (non precisa estar pendente dos listados que están publicados no taboleiro de anuncios do centro)

O alumnado que non entregou no centro o anexo de autodeclaración para a súa solicitude de comedor será usuario de pago completo (4,50 € por día de uso)

Aquel alumnado que solicite transporte ou comedor en setembro corre o risco de quedar sen praza xa que a día de hoxe quedan poucas prazas na liña de transporte da Guía así coma no comedor.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

Pinche nos documentos adxuntos para ver a información.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 2021/2022 E VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

Infórmase que xa están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas dos libros que lles foron asignados aos alumnos/as de 3º e  4º de Educación Primaria. Tamén o poderán comprobar na aplicación "Fondolibros" coa Chave 365.

Comproben a listaxe dos libros do curso 2021/22 para ver se teñen que comprar algún libro que non lles fora asignado. 

Recorden que os alumnos/as de 4º de E.P.  teñen que comprar o cuadernillo de inglés.

En SETEMBRO xa lles avisaremos para que pasen polo colexio a recoller os libros que lles corresponden.

VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Comunícase tamén que xa están preparados os Vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º E.P. e os vales para a adquisición doutro material escolar.

Poderán recollelos no colexio dende o 7 ata o 16 de xullo en horario de 10h. a 14h. (e senón en setembro)

*Recordámoslles que:

-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.

-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.

-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.

-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.

-Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

 

 

 

AUTODECLARACIÓN - COMEDOR ESCOLAR

ANEXO II A CUBRIR PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR

Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.

Non terá que cubrir este impreso o alumnado de novo ingreso que non pertence á zona de influencia do colexio, xa que lle corresponderá aboar a cantidade de 4,50€ por día que faga uso do comedor.

ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN

 

*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2020

Para determinar a renda anual familiar do ano 2020 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:

-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo:

casilla 435 + casilla 460 - casilla 595

-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:

Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario

-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.

 

*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2020) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:

-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:

*Os cónxuxes.

*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.

*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.

-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:

*Pai ou nai

*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.

-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.

 

*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar.

Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link  https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.

REUNIÓN ALUMNADO 4ºE.I. CURSO 2021/22

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO MATRICULADO PARA 4º ED. INFANTIL 

Convócase a unha reunión coa titora ás familias do alumnado que se vai a incorporar ao centro en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso escolar (2021/22):

DÍA: 24 DE XUÑO (XOVES)

HORA: 10H.

Non se poderán traer os nen@s e só poderá acudir un proxenitor.

Rogamos aproveiten ese día para traer a formalización de matrícula e a documentación que falta. Está todo detallado no seguinte aviso.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-22

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

-Informamos que para formalizar a matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar teñen que cubrir e entregar na secretaría do colexio os seguintes impresos:

*Formalización de matrícula

*Lingua materna (só alumnado 4ºEI)

*Teléfonos

*Autorización uso da imaxe

*Alerta Escolar (se corresponde)

Poden imprimir os impresos pinchando nos documentos adxuntos.

*En relación co Comedor e Transporte rogamos lean as instruccións e descarguen as solicitudes no seguinte aviso.

 -E ademais deberán entregar:

*Fotocopia da cartilla de vacinas

*Fotocopia da tarxeta sanitaria

*4 fotografías tamaño carné ( só alumnado de Educación Infantil)

 

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

SOLICITUDES PARA USO DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2021/2022

 

 

 

SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

 

*Teñen que descargar e imprimir as solicitudes pinchando nos documentos adxuntos.

*En relación co transporte hai 3 solicitudes diferentes. Só teñen que cubrir unha (a que corresponda segundo as súas circunstancias). Rogamos lean as instruccións máis abaixo para saber qué solicitude ten que cubrir.

*Os que soliciten o servizo de comedor ademais teñen que cumprimentar o Anexo II de autodeclaración cos datos da renda do 2020 para determinar a tarifa que lles corresponde abonar por día de uso do servizo. Como aínda non saíron as instruccións para o vindeiro curso non contamos con este Anexo, polo que se facilitará cando dispoñamos del.

*Xunto coas solicitudes terán que presentar o Xustificante de empadroamento da unidade familiar (ou Volante de convivencia) expedido no ano 2021 (a data de alta no Padrón Municipal no domicilio concreto deberá ter unha antigüidade mínima dun ano, excepto en casos xustificados).

*Presentación: na secretaría do colexio ata o día 29 de xuño.

                        

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km. Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.

*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

*Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio (a excepción dos enviados pola Comisión de Escolarización) pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes no autobús concreto.

Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2021/2022 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo. Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

AXUDAS EN RELACIÓN COS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2021/2022

 

Informamos que xa poden solicitar as axudas en relación cos libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022 (ORDE do 6 de maio de 2021, publicada no DOG do 20 de maio):

 

TIPOS DE AXUDAS SEGÚN OS CURSOS

*1º e 2º de E.P. poderá solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar.

*3º e 4º de E.P. poderá solicitar o préstamo de libros e a axuda para a adquisición de material escolar.

*5º e 6º de E.P.poderá solicitar axuda só para a adquisición de material escolar (xa que están incluídos no proxecto E-DIXGAL e non utilizan libros impresos).

 

SOLICITUDES

*Terán que cubrir os impresos (Anexos I e II) na aplicación Fondolibros https:/www.edu.xunta.es/fondolibros. Poden cubrilos directamente na aplicación ou imprimilos e cubrilos manualmente.

*Se facilitarán os impresos no colexio só nos casos en que non teñan maneira de acceder á aplicación ou non poidan imprimilos.

*As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou representantes legais do alumnado.

*Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22 (si se fai por vía electrónica presentarase unha solicitude para cada alumno/a).

*As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda (exercicio fiscal do ano 2019), excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

*Dúas opcións:

-Presentación no colexio: terán que imprimir os dous anexos, asinar nos apartados correspondientes e aportar tamén a documentación solicitada. Rogamos que traian toda a documentación e que comproben que está todo ben cuberto (sobre todo que non faltan sinaturas) para evitar vir varias veces.

-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

*O prazo de presentación é ata o día 22 de xuño.

Por medidas de seguridade e protección establécense uns días para cada nivel (teñan en conta que se refire aos niveis do vindeiro curso). Rogamos que na medida do posible se axusten ás datas establecidas, en horario de secretaría (10,50 h. a 11,40 h.) En casos de irmáns poderán escoller o día que lles vaia mellor.

 

TEÑAN EN CONTA QUE OS NIVEIS SON DO CURSO 2021/2022

24  MAIO

1º E.P.

25  MAIO

1º E.P.

26 MAIO

1º E.P.

27 MAIO

2º E. P.

28 MAIO

2º E.P.

31  MAIO

2º E.P.

 1  XUÑO

3º E.P.

2  XUÑO

3º E. P.

3   XUÑO

3º E.P.

4   XUÑO

4º E.P.

7   XUÑO

4º E.P.

8   XUÑO

4º E.P.

9  XUÑO

5º E.P.

10 XUÑO

5º E.P.

11 XUÑO

5º E.P.

14 XUÑO

6ºE.P.-A

15 XUÑO

6ºE.P.-A

16 XUÑO

6ºE.P.-A

17 XUÑO

6ºE.P.-B

18 XUÑO

6ºE.P.-B

21 XUÑO

6ºE.P.-B

22 XUÑO 

 

 

DOCUMENTACIÓN OBLIGATORIA

*Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

*No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 

Letras galegas 2021

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer