PROPOSTAS PARA REMATAR O CURSO

 

Ola rapaces e rapazas.

Éstas son as últimas propostas que vos mando xa que estamos a piques de rematar o curso.

 

XOGO DA PESCA

Recordades o xogo que temos no ximnasio para pescar peixes coas canas? Pois podedes facer un para xogar na vosa casa. Aquí tedes algunhas ideas...

E agora varios xogos para facer con globos

 

CARREIRAS

A ver quen é máis rápido levando un globo entre as pernas.

 

TENIS

Podedes construír as raquetas cuns pratos de plástico ou cartón.

 

CARREIRA CON SOPRIDOS

Hai que marcar un circuito para cada participante, con cinta adhesiva ou con bloques.

Cada participante ten que levar o seu globo ata a meta soprando sobre el ou cunha palleta, pero nunca se poderá tocar o globo.

 

HOCKEY

Precisaremos de dúas cestas que farán de porterías e duns pequenos bastóns, escobas de xoguete ou calquera outro elemento que teña mango.

Colocarase cada cesta nun extremo do cuarto e colocaranse os globos no centro.

Cada xogador terá que levar o maior número posible de globos ata a súa portería empuxándoos co bastón.

 

NON PODEN TOCAR O CHAN!

Hai que tentar manter os globos sempre no aire dándolles pequenos toques coas mans. Tamén se pode facer con outras partes corporais.

 

E por último aquí tedes MÁIS CANCIÓNS para disfrutar:

 https://www.youtube.com/watch?v=3ZxAEIXWsxw

https://www.youtube.com/watch?v=CQ5-FGHAxNM

https://www.youtube.com/watch?v=XiDbc7mVvFo

https://www.youtube.com/watch?v=28Mn3z3RHE8

https://www.youtube.com/watch?v=B2Kv__YNGjQ

https://www.youtube.com/watch?v=0kNPetjMTCQ

https://www.youtube.com/watch?v=JBtZ23q2wZo

https://www.youtube.com/watch?v=V8gtclsoCsQ

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer