Psicomotricidade Infantil

PROPOSTAS PARA REMATAR O CURSO

 

Ola rapaces e rapazas.

Éstas son as últimas propostas que vos mando xa que estamos a piques de rematar o curso.

 

XOGO DA PESCA

Recordades o xogo que temos no ximnasio para pescar peixes coas canas? Pois podedes facer un para xogar na vosa casa. Aquí tedes algunhas ideas...

E agora varios xogos para facer con globos

 

CARREIRAS

A ver quen é máis rápido levando un globo entre as pernas.

 

TENIS

Podedes construír as raquetas cuns pratos de plástico ou cartón.

 

CARREIRA CON SOPRIDOS

Hai que marcar un circuito para cada participante, con cinta adhesiva ou con bloques.

Cada participante ten que levar o seu globo ata a meta soprando sobre el ou cunha palleta, pero nunca se poderá tocar o globo.

 

HOCKEY

Precisaremos de dúas cestas que farán de porterías e duns pequenos bastóns, escobas de xoguete ou calquera outro elemento que teña mango.

Colocarase cada cesta nun extremo do cuarto e colocaranse os globos no centro.

Cada xogador terá que levar o maior número posible de globos ata a súa portería empuxándoos co bastón.

 

NON PODEN TOCAR O CHAN!

Hai que tentar manter os globos sempre no aire dándolles pequenos toques coas mans. Tamén se pode facer con outras partes corporais.

 

E por último aquí tedes MÁIS CANCIÓNS para disfrutar:

 https://www.youtube.com/watch?v=3ZxAEIXWsxw

https://www.youtube.com/watch?v=CQ5-FGHAxNM

https://www.youtube.com/watch?v=XiDbc7mVvFo

https://www.youtube.com/watch?v=28Mn3z3RHE8

https://www.youtube.com/watch?v=B2Kv__YNGjQ

https://www.youtube.com/watch?v=0kNPetjMTCQ

https://www.youtube.com/watch?v=JBtZ23q2wZo

https://www.youtube.com/watch?v=V8gtclsoCsQ

NOVAS PROPOSTAS DE XOGOS

 

Aquí vos deixo novas propostas de xogos. Espero vos resulten divertidos.

PEQUENOS CONSTRUCTORES

Non é tarea fácil porque require moita habilidade e paciencia. Iso si, ¡é super entretido!

Temos que construir unha torre coas cartas dunha baralla.

Para conseguilo, colocamos dúas cartas formando un triángulo, añadindo a continuación máis cartas, sempre en parellas. Cando teñamos a base, facemos o chan do seguiente piso colocando outros naipes. En cada nivel de ascenso debemos colocar un triángulo menos. Empezamos con tres pisos e vamos ampliando a nosa construcción pouco a pouco.

 

CARREIRAS DE OBSTÁCULOS

Poremos uns obstáculos no chan en fila, separados coma un metro un do seguiente, e faremos unha carreira de ida e volta.

Podemos facelo de diferentes formas dependendo dos obstáculos utilizados:

facendo un “slalom” entre eles, saltando cos dous pés, á pata coxa, arrastrándose (por debaixo de sillas por exemplo), a catro patas...

 

CARREIRAS SENTADOS

Necesitamos unha cinta para marcar a saída e outra a meta, e podemos facer un recorrido en liña recta, con curvas ou de ida e volta.

Colocarémonos na liña de saída sentados no chan e desplazarémonos flexionando e estirando as pernas, sen apoiar as mans. ¡A ver quén é máis rápido!

 

SALTOS DE LONXITUDE

Pegaremos no chan unhas cintas separadas uns 20 cm.

Porémonos na primera liña e saltaremos intentando desprazarnos o máximo posible. A ver ata onde chegamos.

 

 

 E tamén vos deixo enlaces de máis cancións para bailar que xa coñecedes:

https://www.youtube.com/watch?v=fmhP6Bx4YnY

https://www.youtube.com/watch?v=90ivDTOfVBI

https://www.youtube.com/watch?v=jU_82WUdbaA

https://www.youtube.com/watch?v=8_RWPLfo8Xg

https://www.youtube.com/watch?v=fTzTFQbdYEQ

https://www.youtube.com/watch?v=dewkek5jHRg

PROPOSTAS CON MATERIAL RECICLADO

 

Como levamos moitos días na casa sen poder saír e para pasar mellor o tempo propóñovos uns xogos para traballar diferentes habilidades.

Os podedes realizar empregando materiais como vasos de plástico, vasos de iogur, tubos de cartón, pratos de cartón, botellas de plástico, caixas de cartón, diferentes tipos de tapas, palillos chinos ou pinchos, palliñas... e tamén podedes botarlle un pouco de imaxinación.

Desfrutaredes tanto na preparación dos xogos como xogando.

 

CONSTRUCCIÓN DE TORRES

 

 

 

 

 

 

 

 

LANZAMENTO DE PELOTAS OU TAPÓNS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 LANZAMENTO DE DISCOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 PESCA DE TAPÓNS 

 

  ENCESTAR

 

 

PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE

 

                     

 

Saúdos queridas familias.

Se queredes practicar cos vosos fillos/as algúns dos xogos que facemos en psicomotricidade tedes que pinchar no arquivo adxunto onde vos deixo unhas propostas.

Tamén vos deixo os enlaces dunha serie de cancións para bailar, que tamén emprego na clase de psicomotricidade.

https://www.youtube.com/watch?v=aDqdPEFFTvg

https://www.youtube.com/watch?v=Xnb5K1E9lpY

https://www.youtube.com/watch?v=WUol0rMWxAc

https://www.youtube.com/watch?v=pgzXRKtg6ik

https://www.youtube.com/watch?v=5iMqLvK2BKE

https://www.youtube.com/watch?v=IR33A7w1Us0

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer