SEMANA DO 11-15 MAIO

 

Semana das letras galegas!
 

 

Para celebrala, imos aproveitar a canción “Verdescente” de Uxía Lambona e a Banda Molona para facer un mini-vídeo dunha fraseciña da canción, cun paso de baile que queiramos ou cos xestos que diga a letra, ti escolles! Por suposto, podedes cantala con esa voz tan bonita que tedes! E mandades o resultado ao correo de música:

 

coleatiosmusica@gmail.com
 

 

Deixo por aquí o vídeo se queredes coller ideas e escoitala!
Con pictogramas:
https://www.youtube.com/watch?v=rzBtnwX1NlI
Sen pictogramas:
https://www.youtube.com/watch?v=3LENjTMH7Ac
 
Se tedes curiosidade, podedes escoitar máis cancións deste grupo en galego, que é moi divertido e podedes cantar e bailar para celebrar esta semana das letras!

ÚLTIMA NOTA: Esta semana podedes facer e enviar algúns dos retos musicais que teñades atrasados e poñervos ao día! Para a próxima xa vos envío o seguinte reto! Moito ánimo! Apertas musicais!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer