Música

MÚSICA

                   

      

      

coleatiosmusica@gmail.com

PARA LAS ÚLTIMAS SEMANAS...

Ola a tod@s! Xa non queda nada!
Esta semana teremos o último reto!
Como non vou poñer ningún máis, aproveitade estes últimos 15 días para preparalo ben e, se queredes, facer algunhas das actividades que vos quedasen atrasadas!

Deixo tamén como mostra uns vídeos que vos preparei con algúns dos vosos traballos enviados ata agora! Espero que vos gusten moito! Eu paseino xenial!

 

 

 



Coma sempre, podedes mandarme preguntas, dúbidas ou comentarios ao correo! Espero que o pasarades moi ben cas actividades que vos mandei e que sigades así de artistas! Vémonos prontiño!
Moitas apertas musicais!

 

SEMANA DO 1-5 XUÑO

 

Ola a tod@s! Espero que sigades moi ben e facendo moita música!
Esta semana deixo o mesmo reto musical para todas e todos vós, así que só atoparedes unhas instruccións. Lede moi ben o que hai que facer e construíde un instrumento bonito e que teña un son especial! A ver se conseguides facer entre tod@s unha boa colección!
Botádelle imaxinación e usade todo o que se poida reciclar!

Como agasallo ao voso esforzo e traballo nestes meses de corentena, estou creando varios vídeos coas cousas que me enviades, que irei poñendo nas últimas semanas que nos quedan. O primeiro é o das Letras galegas na corentena! Espero que vos guste moito e moitísimas gracias por participar! Intentei facelo o mellor que puiden cos medios que teño!

 

Moito ánimo no que queda e moitas apertas musicais

 

SEMANA 25-29 MAIO

 

Ola a tod@s! Que tal estades? Espero que sigades moi ben! Estou recibindo un montón de vídeos e fotos vosas que me encantan! Estades facendo moi bo traballo coa música e estou moi contenta!  Esta semana imos facer unha actividade moi divertida con percusión corporal e música! Preparade as mans que comezamos! Tedes que ir ao voso curso e ver as instruccións e algunha sorpresiña tamén! 
Apertas musicais!

 

SEMANA DEL 18-22 MAIO

 

 

 

 

Ola a tod@s! Espero que sigades moi ben! Esta semana retomamos o RETO MUSICAL 5!
Esta vez tócanos colocar as notas no seu sitio! Buscade o voso curso e xa tedes as vosas actividades e xogos. Apertas musicais

 

SEMANA DO 11-15 MAIO

 

Semana das letras galegas!
 

 

Para celebrala, imos aproveitar a canción “Verdescente” de Uxía Lambona e a Banda Molona para facer un mini-vídeo dunha fraseciña da canción, cun paso de baile que queiramos ou cos xestos que diga a letra, ti escolles! Por suposto, podedes cantala con esa voz tan bonita que tedes! E mandades o resultado ao correo de música:

 

coleatiosmusica@gmail.com
 

 

Deixo por aquí o vídeo se queredes coller ideas e escoitala!
Con pictogramas:
https://www.youtube.com/watch?v=rzBtnwX1NlI
Sen pictogramas:
https://www.youtube.com/watch?v=3LENjTMH7Ac
 
Se tedes curiosidade, podedes escoitar máis cancións deste grupo en galego, que é moi divertido e podedes cantar e bailar para celebrar esta semana das letras!

ÚLTIMA NOTA: Esta semana podedes facer e enviar algúns dos retos musicais que teñades atrasados e poñervos ao día! Para a próxima xa vos envío o seguinte reto! Moito ánimo! Apertas musicais!

 

SEMANA DO 4-8 MAIO

       

Ola a tod@s! Espero que sigades moi ben! E saíndo a pasear seguro que mellor!
Estou recibindo moitos traballos e están quedando xenial! Encántame que sigades xogando coa música na casa! 
Para esta semana lede ben as instruccións porque imos construír a nosa casa das notas!
Moito ánimo e apertas musicais! Xa queda menos! 

Gracias!! :)

SEMANA 27-30 ABRIL

SEMANA 20-24 ABRIL

Esta semana celebraremos o día do libro sonoro! Aquí vos deixo as instruccións para poder facelo nas vosas casas e cos vosos libros! Animádevos a participar e a pasalo moi ben facendo música! Botade un ollo tamén a todas as actividades anteriores que vos deixei estas semanas, que hai moitas que se poden repetir e facer varias veces, que son moi divertidas!  Boa semana e moita música!

SEMANA 14-17 ABRIL

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer