A CARTA VIAXEIRA
Enviado por Anónimo o Dom, 02/03/2013 - 18:18Dende o primeiro trimestre o EDNL puxo en marcha, coa colaboración dos demais mestres, o proxecto do CARTA VIAXEIRA. A través do CORREO ESCOLAR o alumnado do noso centro xa coñeceron novos amigos e amigas. En concreto os de CEIP DE SEIXO (Marín) e o CEIP A LAXE (Marín). A través deste experiencia saben de outros lugares, outras formas de vivir, intercambian experiencias e ideas entre todos...
Neste segundo trimestre segue adiante o proxecto. Os alumnos e alumnas xa están redactando novas cartas viaxeiras e inquedos agardan recibir novas das súas amizades.
DENIP: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (MATERIAL PARA TRABALLAR NA CASA)
Enviado por Anónimo o Mér, 01/30/2013 - 22:20Hoxe conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, defensor dos dereitos dos indios que foi asesinado a tiros por un hinduista o 30 de xaneiro de 1948. Destacar deste gran personaxe a súa loita contra a discriminación dos seus compatriotas, defendeu a independencia da India, loitou contra a guerra mundial...
Destacamos dende o noso equipo, tres grandes frases que nos servirán hoxe de recordo: "Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego", "Non hai camiño cara a paz, a paz é o camiño" e "A humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia"
Aquí vos deixamos a continuación unha serie de actividades para que traballades cos vos nenos/as este día tan especial: marcapáxinas, chapas conmemorativas desta data e un resumo dos dereitos e deberes dos nenos/as (aproveitando imaxes e información da asociación save the children para a cal hoxe vimos de realizar a magnífica carreira solidaria.
CARREIRA SOLIDARIA: TODOS/AS CONTAMOS!!!
Enviado por Anónimo o Ven, 01/25/2013 - 14:47O día da Paz (30 de Xaneiro) participaremos nunha carreira solidaria co fin de recaudar o suficiente para colaborar coa mellora da calidade de vida con nenos e nenas que viven unha situación terrible. O esforzo dos nosos rapaces axudará a outros nenos. Todos podemos colaborar!!
Internet na Biblioteca
Enviado por Anónimo o Mar, 01/15/2013 - 14:46A partir de hoxe xa están operativos os novos ordenadores con conexión a internet ubicados na biblioteca. Lembrade que son para uso e disfrute de todos/as polo que, cada ún, é responsable do seu coidado e boa utilización.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »