NON VOS PERDADES AS NOVAS ADQUISICIÓNS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos remitirvos unha vez máis ao noso blogue para que non vos perdades as novidades adquiridas este ano a través da editorial Kalandraka de cara ao vindeiro curso escolar. 

Disfrutade delas! Todos os libros atópanse expostos no 1º andar do noso cole na exposición das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ENLACE Á NOTICIA

SAÍDA DO SEGUNDO CICLO AO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA

No enlace do blogue de Dinamización atoparedes información sobre a saída que vén de realizar o alumnado de segundo ciclo no día de hoxe ao centro cultural de Novacaixagalicia en Vigo.

Non volo perdades:

ENLACE Á NOTICIA NO BLOGUE DO EDLG

ÚLTIMAS NOVAS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Dende este Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos adiantarvos algunhas novidades e sorpresas que nos agardan na inminente celebración da Semana Cultural das Letras Galegas 2013 adicadas nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño.

No seguinte enlace accederedes directamente ao blogue...

ENLACE AO BLOGUE DO

EQUIPO DE EDLG

Ata outra!

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ESTREA BLOGUE!!

      

Dende o equipo de dinamización de lingua galega do CEIP plurilingüe de Atios, queremos darvos una gran noticia: temos un blogue!!! 

A partir de agora, todas as actividades que coordinemos dende este equipo, e todas as novas que queiramos dar a coñecer, serán publicadas no noso blogue. 

Aquí vos deixamos un enlace para que o poidades visitar cando o desexedes: pedrarosadeatios.blogspot.com 

Así mesmo, na páxina principal da web do noso centro, na barra lateral dereita, tedes un apartado cos blogues do noso cole, onde tamén atoparedes un enlace para acceder directamente. 

Desexamos que vos guste e que sexa de gran utilidade para toda a comunidade educativa. Agardamos os vosos comentarios e suxerencias.

 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE TAPÓNS

ANA BARGIELA (5º) MARABILLOU EN SALCEDA DE CASELAS

A nosa alumna Ana Fernández Bargiela de 5º curso, participou na V Xornada da Camelia en Salceda de Caselas, onde leu un poema da súa autoría adicado á camelia, conseguindo marabillar ao público asistente.

A súa primeira estrofa versaba así:

Camelia, flor de Galicia é,

apreciada, visitada e tamén coleccionada.

Fermosas son as túas flores,

coas súas diferentes cores.

 

 

POSTRES DE ENTROIDO

Dende o centro, queremos agradecer a gran participación das familias para a festa de entroido, elaborando os ríquisimos doces típicos destas datas. Moitisimas gracias pola vosa colaboración.

rge;"> 

CARREIRA SOLIDARIA-DÍA DA PAZ

Noraboa a toda a comunidade educativa pola gran acollida e participación da nosa Primeira Carrera Solidaria. Cómpracenos comunicarvos a todos que a recaudación total conseguida polos nosos grandes corredores e apoiados magníficamente polos seus patrocinadores foi de 1.066,69 euros que xa ingresamos no Banco Santander a favor de Save the Children.

FOTOS DO ENTROIDO

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO INFANTÍL

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer