Dinamización da Lingua Galega

ALGARABÍA EN CONCERTO NO NOSO COLE

     Non vos perdades a actuación que se acaba de realizar no noso cole a cargo da agrupación musical ALGARABÍA.

     Gracias profe Ana pola túa colaboración!!!

 

ENLACE Á NOTICIA NO BLOGUE

II SEMANA DO CINE EN GALEGO

      Non vos perdades as novidades deste ano para a II Semana Do Cine en Galego que se celebrará no noso cole con motivo das Letras Galegas 2013.

ENLACE Á NOTICIA

CORRELINGUA 2013: A CHAVE DO MUNDO (SEMANA CULTURAL)

     Non vos perdades a última saída dos nenos/as do cole ata o Rosal vila na que se celebrou a última edición do Correlingua co lema O GALEGO A CHAVE DO MUNDO.

ENLACE AO BLOGUE

CONTAMOS UN CONTO?

      A semana cultural xa comezou a andar. Non vos perdades as novidades desta primeira actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria lles contaron uns contiños en galego aos máis pequenos do cole.

 

ENLACE AO BLOGUE DO EDLG

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2013

     Non vos perdades, no blogue de Dinamización, a publicación de todas as actividades que se nos presentan por diante na celebración das LETRAS GALEGAS 2013 no noso centro.

     Desexamos que as disfrutedes moito nenos/as!!!

ENLACE Á NOTICIA

GRACIAS POR TODO JOSEFA, ATA SEMPRE!!!

     Queremos convidarvos que pasedes polo noso blogue para ver as sorpresas que lle prepararon os alumnos/as de 2º de primaria á súa profe Josefa no seu último día de profe.

ENLACE Á NOTICIA NO

BLOGUE DO EDLG

NON VOS PERDADES AS NOVAS ADQUISICIÓNS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos remitirvos unha vez máis ao noso blogue para que non vos perdades as novidades adquiridas este ano a través da editorial Kalandraka de cara ao vindeiro curso escolar. 

Disfrutade delas! Todos os libros atópanse expostos no 1º andar do noso cole na exposición das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ENLACE Á NOTICIA

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ESTREA BLOGUE!!

      

Dende o equipo de dinamización de lingua galega do CEIP plurilingüe de Atios, queremos darvos una gran noticia: temos un blogue!!! 

A partir de agora, todas as actividades que coordinemos dende este equipo, e todas as novas que queiramos dar a coñecer, serán publicadas no noso blogue. 

Aquí vos deixamos un enlace para que o poidades visitar cando o desexedes: pedrarosadeatios.blogspot.com 

Así mesmo, na páxina principal da web do noso centro, na barra lateral dereita, tedes un apartado cos blogues do noso cole, onde tamén atoparedes un enlace para acceder directamente. 

Desexamos que vos guste e que sexa de gran utilidade para toda a comunidade educativa. Agardamos os vosos comentarios e suxerencias.

 

A CARTA VIAXEIRA

      Dende o primeiro trimestre o EDNL puxo en marcha, coa colaboración dos demais mestres, o proxecto do CARTA VIAXEIRA. A través do CORREO ESCOLAR o alumnado do noso centro xa coñeceron novos amigos e amigas. En concreto os de CEIP DE SEIXO (Marín) e o CEIP A LAXE (Marín). A través deste experiencia saben de outros lugares, outras formas de vivir, intercambian experiencias e ideas entre todos...

      Neste segundo trimestre segue adiante o proxecto. Os alumnos e alumnas xa están redactando novas cartas viaxeiras e inquedos agardan recibir novas das súas amizades.

 

 

DENIP: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (MATERIAL PARA TRABALLAR NA CASA)

Hoxe conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, defensor dos dereitos dos indios que foi asesinado a tiros por un hinduista o 30 de xaneiro de 1948. Destacar deste gran personaxe a súa loita contra a discriminación dos seus compatriotas, defendeu a independencia da India, loitou contra a guerra mundial...

Destacamos dende o noso equipo, tres grandes frases que nos servirán hoxe de recordo: "Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego", "Non hai camiño cara a paz, a paz é o camiño" e "A humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia"

Aquí vos deixamos a continuación unha serie de actividades para que traballades cos vos nenos/as este día tan especial: marcapáxinas, chapas conmemorativas desta data e un resumo dos dereitos e deberes dos nenos/as (aproveitando imaxes e información da asociación save the children para a cal hoxe vimos de realizar a magnífica carreira solidaria.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer