TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2019/2020

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

*Aqueles interesados/as en facer uso dos servizos complementarios (COMEDOR e TRANSPORTE) para o vindeiro curso 2019/2020 deberán cubrir as solicitudes correspondentes que poderán coller no colexio en horario de secretaría (10:50h. a 11:40h.) ou imprimir na páxina web do colexio.

*Documentación: entregaranse as solicitudes xunto cun Certificado de convivencia expedido no ano 2019 no horario de secretaría.

 *Prazo: ata o día 27 do presente mes ás 14:00 horas.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.

Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.

Para manter a condición de usuario lexítimo é necesario que se faga un uso continuado do transporte ao longo do curso. E a falsificación de datos invalida a solicitude.

*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.

* Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes.

Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2019/2020 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

*Os interesados/as neste servizo tamén teñen que cumprimentar o Anexo II de autodeclaración (cos datos da renda do 2018) para determinar a tarifa que lles corresponde abonar por día de uso do servizo.

Non están obrigados a cumprimentar este anexo os alumnos/as que se atopen nalgunha das seguintes situacións,acreditadas documentalmente:

Situación socioeconómica exclusión social.

Acollemento residencial ou familiar.

Discapacidade declarada igual ou superior ao 33%

Vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

 

 

 

 

Atios, 13 de xuño de 2019

    A secretaria

 

 PODEN IMPRIMIR OS IMPRESOS PINCHANDO NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

VIDEOS DE NADAL!!!!

Facendo click nos seguientes enlaces poderedes ver os vídeos de Nadal:

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018

Pinche no documento adxunto para visualizar a lista de libros de texto para o vindeiro curso escolar (2017/2018)

GRADUACIÓN 2017

 

 Facede "Click" na imaxe para ver as fotos 

 

Último mandadiño!!!

Mandadiñooo!!!!

Novo mandadiño!!!!

ENTROIDOOOOO!!!!!!!

Un ano máis chegou o meco cos seus mandadiños ...

MANNEQUIN CHALLENGE

Os nenos de 2º de EP unímonos a moda do mannequin challenge... facede Clik na imaxe

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer