TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2019/2020

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

 

*Aqueles interesados/as en facer uso dos servizos complementarios (COMEDOR e TRANSPORTE) para o vindeiro curso 2019/2020 deberán cubrir as solicitudes correspondentes que poderán coller no colexio en horario de secretaría (10:50h. a 11:40h.) ou imprimir na páxina web do colexio.

*Documentación: entregaranse as solicitudes xunto cun Certificado de convivencia expedido no ano 2019 no horario de secretaría.

 *Prazo: ata o día 27 do presente mes ás 14:00 horas.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.

Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.

Para manter a condición de usuario lexítimo é necesario que se faga un uso continuado do transporte ao longo do curso. E a falsificación de datos invalida a solicitude.

*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.

* Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes.

Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2019/2020 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

*Os interesados/as neste servizo tamén teñen que cumprimentar o Anexo II de autodeclaración (cos datos da renda do 2018) para determinar a tarifa que lles corresponde abonar por día de uso do servizo.

Non están obrigados a cumprimentar este anexo os alumnos/as que se atopen nalgunha das seguintes situacións,acreditadas documentalmente:

Situación socioeconómica exclusión social.

Acollemento residencial ou familiar.

Discapacidade declarada igual ou superior ao 33%

Vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

 

 

 

 

Atios, 13 de xuño de 2019

    A secretaria

 

 PODEN IMPRIMIR OS IMPRESOS PINCHANDO NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE PRAZA COMEDOR.pdf175.22 KB
autodeclaración.pdf294.87 KB
MODELO SOLICITUDE TRANSPORTE USUARIOS LEXÍTIMOS.pdf106.74 KB
MODELO SOLICITUDE EXTRAORDINARIA USO TRANSPORTE.pdf99.88 KB
MODELO SOLICITUDE fóra de zona.pdf99.57 KB
instrucións autodeclaración.pdf178.3 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer