Skip to Content

NOVA BIBLIOTECA DA LAXE

PLAN DIXITAL

Compartimos coa comunidade educativa, o Plan Dixital elaborado durante o curso 2021 - 2022 para a súa aplicación o curso próximo.

PROXECTO EDUKASANO

Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou do proxecto Edukasano promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Marín.

O tema central do proxecto foi a promoción de hábitos saudables entre os alumnos e alumnas co deseño dunha serie de programas centrados na alimentaación e na actividade física.

O proxecto Edukasano ten como obxectivo avaliar a efectividade dunha intervención comunitaria a través dunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) que contribúa a mellorar os hábitos de vida relacionados coas prácticas de actividade física e unha dieta equilibrada. 

O eixo temático das UDIS traballadas foi o Camiño de Santiago - "Creando camiño dende o meu cole" e compartimos con toda a comunidade o resultado final obtido.

 

 

PINTURAS SOBRE BOTELLAS DE PLÁSTICO

Na clase de Arts/Plástica, coa colaboración da auxiliar de conversa, o alumnado de 6° curso elixiu e imitou  unha pintura coñecida sobre unha botella de plástico. 

Cómo quedarán?

Recoñecédelas?

 

AXUDAS FONDOLIBROS CURSO 2022 - 2023

Publicouse no DOG do 18 de maio de 2022, a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE:

-          ANEXO I

-          ANEXO II

-          COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU CERTIFICADO OU VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOA SOCIAIS ACREDITANDO O NÚMERO DE MEMBROS COMPUTABLES)

-          EN CASO DE SEPARACIÓN, A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR.
AQUELAS SITUACIÓNS QUE SE DEBAN ACREDITAR:

-          CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE DO/A ALUMNO/A OU DE CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA.

-          DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

-          RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POSTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA.

 

-          RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA.

 

 

O alumnado de 6ºEP que teña praza asignada noutro centro, deberá presentar a documentación nese centro.

 

Publicación da listaxe provisional: 23 de xuño de 2022.

Reclamación ás listaxes provisionais: 27-28de xuño de 2022.

Publicación da listaxe definitiva: 29 de xuño de 2020.

 

A entrega de vales será do 30 de xuño ao 5 de xullo

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN CURSO 2022 - 2023

ADMISIÓN 2022 - 2023

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTODE ADMISIÓN

·      

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·      

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do3 demaio,de educación.

·      

ORDE do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·      

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

  

VACANTES CURSO 2022-2023

CURSO

Nº UNIDADES

PRAZAS VACANTES

4ºEI

 

 

2 AULASMIXTAS

22

5ºEI

5

6ºEI

0

1ºEP

1

16

2ºEP

1

14

3ºEP

1

17

4ºEP

1

12

5ºEP

1

5

6ºEP

1

10


 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN   

 

DO 1 DE MARZO AO 21 DE MARZO DE 2022

-       

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

-       

Na secretaría do centro: ANEXO II

-       

Na aplicación: admisiónalumnado

 

 

NOTA INFORMATIVA

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, en caso de que fora necesario baremar.

  

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Antes do 25 de abril de 2022 (no taboleiro interior do centro ou a través da aplicación

admisiónalumnado).

  

PRAZOS DE RECLAMACIÓN

Poderase formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.


PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Antes do 15 de maio de 2022.

 

 PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NO CENTRO EDUCATIVO CORRESPONDENTE

Do 20 de xuño ao 30 de xuño de2021.

 

 CENTRO DE ADSCRICIÓN

IES MESTRE LANDÍN

  

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

A área de influencia do CEIP da Laxe é:

Avenida de Ourense dende Estribela ata a esquina do Concello, Rúa A Estrada ata o remate do IES Illa de Tambo, Rúa Inferniño, Camiño da Cortiña, Rúa da República Arxentina ata o inicio do Camiño do Canteiro baixando cara o norte.

  

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

COMEDOR E PLAN MADRUGA(xestionado polaANPA)

VACANTES CURSO 2022 - 2023

REPARTO DE LEITE E FROITA NA ESCOLA

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Anexo I

Distribuir contido


by Dr. Radut