Skip to Content

AXUDAS FONDOLIBROS CURSO 2023 - 2024

 

Publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

 

 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

 

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE:

 

 -          ANEXO I

 

 

 -          ANEXO II

 

 

 -          COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU CERTIFICADO OU VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOA SOCIAIS ACREDITANDO O NÚMERO DE MEMBROS COMPUTABLES)

 

            EN CASO DE SEPARACIÓN, A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR.

 

 

AQUELAS SITUACIÓNS QUE SE DEBAN ACREDITAR:

 

 -          CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE DO/A ALUMNO/A OU DE CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA.

 

 

 -          DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

 

 -          RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POSTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA.

 

 

 -          RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN                  SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA.

 

 

O alumnado de 6ºEP que teña praza asignada noutro centro, deberá presentar a documentación nese centro.

 

Publicación da listaxe provisional: antes do 12 de xullo de 2023.

 

Reclamación ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

 

Publicación da listaxe definitiva: antes do 26 de xullo de 2023.

 

A entrega de vales será do 4 ao 7 de setembro de 2023.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

VISITA AO CEIP FLAVIA

Hoxe visitamos o CEIP Flavia, foi un pracer coñecer outro centro, profesorado, instalacións, aulas… e a súa forma de traballar!!! Vimos cargadxs de ideas observa_accióndalaxemarin  cafigalicia  cfr.pontevedra  

2ª FASE OBSERVA_ACCIÓN

Somos dos centros seleccionados para a 2ª fase do Programa Observa_Acción !!! Visitounos o CEIP Flavia, de Padrón, xunto coa asesora do cafigalicia e o asesor do cfr.pontevedra, puideron observar como traballamos, o que facemos… foi unha xornada moi enriquecedor #observa_accióndalaxemarin  #ceipdalaxemarin

 

 

2º PERIODO DE LEITE E FROITA NA ESCOLA

ADMISIÓN: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

RADIO ESCOLAR LAXEIRA

 

 

 

O alumnado de 1º EP comparte con todos nós un programa de radio adicado a todas a mulleres. Desfrutade con eles!

 

PORTAFOLIO DE DIVULGACIÓN

OBSERVA_ACCIÓN

ADMISIÓN CENTRO ADSCRITO

Distribuir contido


by Dr. Radut