Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

ADMISIÓN DAS RESERVAS DE PRAZAS DO IES

Informamos que quedan admitidas todas as reservas presentadas no noso centro adscrito, IES Ribeira do Louro, para o procedemento de admisión.

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024.

28/02/2023
Europe/Amsterdam

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

B) Prazos previstos: 

PRAZOS

PROCESOS

DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN

Antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Publicación na web e no taboleiro interno do centro.

Páxina de información: AdmisiónAlumnado

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión).

Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B):

En galego.                                             En castelán.

*Pódese recoller no noso centro educativo concertando cita previa.

Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e/ou académica do centro de orixe.

25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas

Publicación no taboleiro interior do centro.

15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Publicación no taboleiro interior do centro (expostas ata comezo do curso seguinte).

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

Presentación da documentación (facilítase no cole):

- ANEXO III-1.

- Documentación solicitada polo centro.

 

C) Información importante:

- Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

- Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

- No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2023/2024

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

 

B) Información relavante sobre os postos escolares:

Nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), porase a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.

 

C) Información sobre o uso do transporte escolar:

1- Serán usuarios lexítimos os alumnos/as cuxo domicilio (acreditado mediante padrón) se atope a unha distancia do centro educativo superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio se atope a unha distancia do centro educativo de 2 a 1 km, poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.

3- Non teñen dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domilio non corresponda á área de influencia do colexio, aínda que se poderá autorizar o uso excepcional se quedan prazas vacantes.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para un curso escolar (2023/2024) e perderán dita praza se se precisa para alumnos/as que se matriculen en calquera momento e sexan usuarios lexítimos.

 

 

D) Vacantes ofertadas:

O número de prazas vacantes para o curso 2023/2024 é o seguinte:

 

PROGRAMA DO DESFILE DE ENTROIDO

 

 

MANDADOS DO MECO 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

Chegou a hora de coñecer o cole do teu fillo/a.

O martes 14 de febreiro ás 16:00 horas.

 

Chama e reserva a túa praza.

RESERVA DE PRAZA - IES RIBEIRA DO LOURO

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Ribeira do Louro.

 

Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cumprimentado. Dende o centro enviamos a documentación necesaria, pero podedes descargar este Anexo premendo na imaxe:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2023).

 

resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia.

DÍAS NON LECTIVOS

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.

 

O venres 14 de outubro, publicouso no DOG a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Así pois, ten por obxecto articular a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2022/23.

Persoas destinatarias:

  • As familias que xa foron beneficiarias desta axuda para adquirir material escolar. Debe recoller o vale a persoa que realizou a solicitude inicial.
  • Alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar.

Contía: 25 € adicionais.

Uso do vale: As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible e, en todo caso, antes do 10 de abril de 2023.

 

Adxuntamos a resolución para maior información e, atenderemos calquera dúbida no centro educativo.

Coa finalidade de mellorar a organización do centro poderán pasar a recoller os vales dende o luns 17 de outubro e en horario de: 08:40 a 09:00 ou de 13:00 a 13:30 horas.

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA

Como todos os anos, Mariola Solidaria convídanos a colaborar no seu proxecto de recollida de roupa e calzado usado.

Grazas á solidaridade de todos/as, poderán seguir contribuíndo en proxectos da ONG Global Humanitaria, neste caso na India.

Recordade que as datas para que os nenos/as traian as bolsas ao centro serán o venres 30 de setembro e o luns 3 de outubro.

Distribuir contido


by Dr. Radut