Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/20

NORMA: 

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019)

 

DESTINATARIOS DAS AXUDAS:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 3º e 4º (curso 2019/20)

- Alumnado con  renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 6 libros de texto

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€:4 libros                        

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou con discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros con independencia da renda

  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º de Educación primaria (curso 2019/20)

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ : 170€

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€ 

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 170€ con independencia da renda.

  • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de Educación Primaria

- Todo o alumnado de Educación Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: 50€                      

 

IMPORTANTE: O alumnado matriculado nos cursos do proxecto de educación dixital (EDIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No noso centro corresponderá aos cursos 5º e 6º.

Poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21de xuño

     Para ler a orde facede clic aquí: ORDE 9 MAIO DE 2019



blog | by Dr. Radut