Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso

PROXECTO VOZ NATURA

CONTINUAMOS COA POSTA EN VALOR DA CARBALLEIRA DE SANTA MARÍA

SEGUNDA FASE curso 2014-2015

Durante este curso realizamos as seguintes actividades:

  • Charla de concienciación medioambiental
  • Limpeza da zona 2
  • Canalización do manantial
  • Preparación dun estanque
  • Apertura dun antigo sendeiro
  • Panel informativo
  • Catalogación das árbores: especie, altura, grosor, idade...
  • Reforestación con especies autóctonas
  • Estudo dos animais que viven na carballeira
  • Clases na natureza en lugar de na aula

Pulsa AQUÍ para ver as fotos da carballeira antes da nosa actuación e AQUÍ durante o noso traballo.

ENTROIDO - "CURRITOS CIRCUS"

O venres 13 de febreiro celebrouse o Entroido cunha chocolatada e un gran desfile do "Curritos Circus".

Pincha na imaxe para ver as fotos.

ACTIVIDADES NADAL

Chegou o Nadal ao Curros. Pincha na imaxe para ver as fotos da decoración navideña do cole, a función de Nadal e a visita de Papá Noel. Pincha nos títulos para os vídeos;

CARAPORQUIÑA VERMELLA    MONICREQUES    PANDEIRADA    PANXOLIÑAS

D

FUNCIÓN DE TÍTERES

O martes 16 de decembro recibimos a visita de Xan, un titiriteiro. Con el disfrutamos e escachamos coa risa cunha función de títeres chamada "Caraporquiña Vermella".

Axiña subiremos o video para que o poidades ver na casa, mentres tanto pincha na imaxe para ver as fotos.

 

CHARLA: "SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR"

O luns 15 de decembro, os alumnos/as dende 3º ata 6º tiveron unha charla sobre a reciclaxe. Nela aprenderon como separar os residuos producidos nos seus fogares. Ao rematar, cada neno/a recibiu uns agasallos. 

Pincha na imaxe para ver as fotos.

MAGOSTO

O martes 11 de novembro celebramos o magosto cunha degustación de produtos típicos do outono e de castañas asadas. Por mor da choiva, tivemos que suspender os xogos populares que finalmente poidemos facer o luns 17. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

HALLOWEEN - SAMAÍN

O mércores 29 e o xoves 30 de outubro celebrouse un dos días máis terroríficos: Halloween - Samaín. Os pasillos e a entrada do colexio estaban cheo de bruxas, esqueletos, arañas e outras criaturas escalofriantes. Candeas alumeaban o camiño á biblioteca e alí agardaban dúas bruxas que invitaban a entrar aos alumos/as a pasar moito medo. Unha vez dentro, os máis peques visualizaron o vídeo - conto "Fiz, o coleccionista de medos". O resto dos cursos disfrutaron con varios contos de medo escritos e interpretados por algúns alumnos/as de 6º. Que medo pasamos!!

 Pincha na imaxe para ver as fotos.

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Xa podedes ver as fotos das excursións de fin de curso.

Pincha no curso para ver as súas fotos.

LODOSELO 4 ANOS

LODOSELO 5 ANOS

LODOSELO 1º

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

XA PODES DIVERTIRTE COAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 

Pincha aquí para ver as fotos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Entre as actividades realizadas destacan: un mural sobre a vida do autor conmemorado: Xosé María Díaz Castro, a presentación do libro O MISTERIO DAS LENDAS, a función de Teatro Escolar: O FEITIZO, a actuación da Rondalla Escolar e do »

DÍA DO LIBRO

O mércores 30 de abril celebramos o día do libro. No patio de infantil organizamos o noso primeiro mercado de libros, e a continuación levamos a cabo a actividade de apadriña un lector, onde alumnos/as do 2º e 3º ciclo de primaria lles leron un conto aos nenos/as de infantil e de 1º ciclo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

ESPECTÁCULO MUSICAL.

O martes 1 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra musical titulada "Odaiko vaia circo..." Como se dun circo se tratase, o grupo de percusión Odaiko monta o seu propio circo, no que os elementos percusivos son os materiais que empregan para as súas acrobacias.

TEATRO

O luns 24 de abril os alumnos/as de 1º e 2º de EP foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra cómica sobre os segredos da cociña galega. 

28-02-2014 ENTROIDO


                             

Distribuir contido