Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Inglés, Laboratorio de Ciencias, O microscopio, E.Infantil, Auga Linda, Óptica

GRADUACIÓN 5 ANOS

O xoves 19 de xuño os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil tiveron o seu acto de graduación. En este acto, acompañado polos seus familiares, os alumnos/as celebraron o fin da súa etapa de Infantil e o paso á etapa de Primaria.

Foi un acto moi bonito e emotivo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

NOVOS SABORES

Na clase de inglés de 1º tivemos unha clase especial. A nosa auxiliar de conversa enseñounos como facer unha merende típica americana: sandwich de crema de cacahuete con marmelada de amorodo. Aínda que a mezcla era un pouquiño rara, encantounos!! Mmmm delicious!!

Pincha na imaxe para ver como fixemos.

SIMULACRO DE INCENDIO 23-10-2012

Os bombeiros da comarca de Terras de Celanova viñeron ao noso centro para levar a cabo un simulacro de incendio. Primeiro tivemos unha pequena charla informativa para saber que facer en caso de lume. Despois levamos a cabo a evacuación do centro . Seguidamente vimos como son os camións de bombeiros, que material levan, como se atende a un ferido. Tamén instalaron unha tirolina no teito do ximnasio e puidemos comprobar como fan os rescates de feridos en sitios de difícil acceso.


CLICADE NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.


FINAL PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS- MONTERREI-11/02/12

 O noso colexio competiu este fin de semana na Final Provincial de Campo a Través. As carreiras foron en Monterrei e participaron os 36 mellores centros de toda a provincia.


Pasámolo xenial, acadamos moitos premios e coñecimos a rapaces e rapazas doutros colexios.


Mereceu a pena entrenar nos recreos con tanto frío!!



 ALEVÍN MASCULINO: 3º CLASIFICADOS


(IAGO GLZ., IAGO FDEZ., IVÁN, ADRIÁN, ALEXANDER, DAVID)


BENXAMÍN FEMININO: SUBCAMPIÓNS-2ª CLASIFICADAS


(AINOA, VANESA, ELENA, LAURA, MARA, NOA)

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON - 08 de maio de 2011


Na fase comarcal clasificámonos 5 equipos para participar na Final Provincial que se realizou iste domingo en Ourense, nas instalacións da Universidade Laboral.


 SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS: BENXAMIN MASCULINO (David,Iván,Ismael,Iago e Manu)



 CAMPIÓNS PROVINCIAIS: ALEVÍN FEMININO  (Celia,Vera,Lucía,Fabiola e Nuria)


OBRA DE TÍTERES "OS NARIGUDOS"

O día 31 de marzo de 2011 OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO ACUDIMOS A VER A OBRA DE TÍTERES "OS NARIGUDOS " DO GRUPO TANXARINA AO AUDITORIO DE OURENSE. ENCANTOUNOS A OBRA.


CONTACONTOS "SR. MUNDO DÍGAME"

O día 29 de marzo de 2011 os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo acudimos a representación da obra de teatro "Sr Mundo dígame" . A representación foi no salón de actos do noso colexio. 



CONTACONTOS

O día 28 de marzo de 2011 os alumnos de Educación Infantil e 1º ciclo acudimos a un contacontos que se celebrou no salón de actos do noso colexio titulado "Un saco de estrelas" impartido por Iago López Sánchez. Disfrutamos moito desta actividade.



 


 

Estrenando a aula dixital

Pulsando na seguinte imaxe poderás ver aos nenos de 5º estrenando a aula dixital


FROITOS DO OUTONO

Os nenos de educación infantil preparamos unha preciosa exposición sobre os froios típicos do outono. Pulsa na foto para ver a exposición.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO-6º

Pulsa AQUÍ para ver o vídeo de despedida dos alumnos de 6º de EP


A VIAXE DENDE CELANOVA FOI BOA, AÍNDA QUE CHOVEU POLO CAMIÑO.


COMEZAMOS COA VISITA AO PALACIO REAL.PARA VISITAR DESPOIS A REAL ARMERÍA E O MUSEO DA FARMACIA. REMATAMOS O DÍA DANDO UN PASEO POLAS RÚAS MÁIS EMBLEMÁTICAS DE MADRID.


 


O XOVES, MOI TEMPRANO DIRIXÍMONOS AO MUSEO DO PRADO.POLA TARDE, FOI O TEMPO DE ESTAR NO ZOO.

FINAL CAMPIONATO PROVINCIAL BADMINTON - 10/04/10

 


 CAMPEONAS PROVINCIAIS DE BÁDMINTON!!!


 


 Equipo Alevín Feminino: Fabiola, Vera, Nuria, Marta, Cristina e Lucía.


 SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS DE BÁDMINTON!!!


 


Equipo Benxamín:Manuel,Iñaki, Ismael, Iago, Roberto e Iago.

CLIMÁNTICA

Os alumnos de 6º curso desenvolveron unha actividade medioambiental na que eles exerceron de monitores para explicarlles a outros nenos en qué consiste o cambio climático.


SIMULACIÓN DUN FURACÁN



         


CONSTRUÍNDO UN FORNO SOLAR

PROYECTO DE INMERSION LINGÜÍSTICA: "THE WORLD AROUND US SPEAKS IN ENGLISH", SEGOVIA 2009







 

 FELICIADES A TODOS OS NENOS/AS POLO COMPORTAMENTO NESTA EXPERIENCIA


Visitade os blogs e veredes  todas as actividades realizadas no campamento. Esperamos os vosos comentarios e mensaxes neles. GRAZAS


 BLOG DO NOSO PROXECTO DE INMERSIÓN

Distribuir contido