SIMULACRO DE INCENDIO 23-10-2012

Os bombeiros da comarca de Terras de Celanova viñeron ao noso centro para levar a cabo un simulacro de incendio. Primeiro tivemos unha pequena charla informativa para saber que facer en caso de lume. Despois levamos a cabo a evacuación do centro . Seguidamente vimos como son os camións de bombeiros, que material levan, como se atende a un ferido. Tamén instalaron unha tirolina no teito do ximnasio e puidemos comprobar como fan os rescates de feridos en sitios de difícil acceso.


CLICADE NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.