RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias
Pinchando no arquivo adxunto podedes obter información sobre a data e hora na que se celebrará o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes).
Saúdos.
DÍAS NON LECTIVOS 21/22
Estimadas familias
A continuación compartimos os días nos que non haberá clase neste curso 2021/2022:
DÍA DO ENSINO
Luns, 11 de outubro de 2021
DÍAS NON LECTIVOS
Xoves, 11 de novembro (festivo local)
*data pendente de confirmar
VACACIÓNS DE NADAL
Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (incluídos)
VACACIÓNS DE ENTROIDO
28 de febreiro, 1 e 2 de marzo
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Do 11 ao 18 de abril (incluídos)
FESTIVOS
Martes, 12 de outubro (Festa nacional)
Luns, 1 de novembro (Todos os santos)
Luns, 6 de decembro (Constitución)
Mércores, 8 de decembro (Inmaculada)
Martes, 17 de maio (Letras Galegas)
Un saúdo
A dirección
MENÚ FESTIVO
Estimadas familias
Pinchando no enlace poden ver o menú especial que o alumnado, usuario do comedor, degustará este venres día 8.
Un saúdo
A dirección
PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DA COVID19 2021/2022
Estimadas familias
Xa poden consultar a actualización do Plan de adaptación á situación da COVID 19 para o presente curso 2021/2022 .
Atentamente
A dirección
BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO
Lembrar que o prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que tramitala no enderezo web do Ministerio de Educación:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554
Unha vez cuberta, a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se solicite.
MENÚ PRIMEIRO DÍA
Estimadas familias
Compartimos con vós o menú do comedor para o primeiro día de clase , o xoves día 9, será un menú especial, de benvida.
Un saúdo
COMEZO CURSO 2021-2022
Estimadas familias
Benvidas de novo ao cole!
Informalas que o vindeiro xoves día 9 darán comezo as clases tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.
O horario de entrada será escalonado:
Educación Infantil: entre as 8.35 e as 8.45
Educación Primaria entre as 8.30 e as 8.45
Lembramos a importancia de respectar estes horarios para que non haxa mestura de alumnado de diferentes grupos.
Os titores recibirán o primeiro día ao alumnado no patio exterior. O resto dos días os titores/as farán garda nas aulas e os especialistas serán os encargados das gardas no exterior e planta baixa. O alumnado irá accedendo ás aulas a medida que vaian chegando.
O alumnado de transporte accederá pola cancela principal (verde) e o alumnado que veña da casa entrará pola cancela lateral (branca) . neste caso, so poderán entrar no recinto as familias do alumnado de Educación Infantil.
O alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil así como o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria accederán ao centro pola entrada dianteira (portas brancas). A maiores tamén accederá o alumnado transportado de 5º de Educación Infantil.
Doutra banda, o alumnado de 5º de EI que veña da casa, accederá ao centro pola porta traseira , pola que tamén accederán os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tanto os que veán en bus como os que veñan da casa.
En canto ás saídas tamén serán de maneira escalonada:
13.30: saída alumnado Educación Infantil
13.35: saída alumnado 1º e 4º de Educación primaria
13.40: saída alumnado 2º e 5º de Educación primaria
13:45: saída alumnado 3º e 6º Educación Primaria
Deste xeito, sempre sairán cursos que baixan por escaleiras diferentes e saen por portas distintas.
Será moi importante a puntualidade das familias.
Ao longo deste curso escolar a páxina WEB do centro así como o AbalarMóbil serán dous mecanismos de comunicación moi frecuentes, polo que vos pregamos que os revisedes de xeito habitual.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta a través das seguintes canles:
Teléfono: 886151430
Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal
Moitas grazas e bo comezo de curso!
LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 21-22
Estimadas familias
Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva do fondo de libros.
Un saúdo
LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 21-22
Estimadas familias
Xa podedes consultar no taboleiro do centro ou chamando ao teléfono 886151430 as listas provisionais do fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2021/22.
Prazo reclamación lista provisional: 2 días seguintes a esta publicación
A listaxe definitiva publicarase nos vindeiros días (antes do 20 de xullo)
A dirección
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »