slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Comezamos!

Estimadas familias
O mércores 11 de setembro darán comezo as clases, co servizo de transporte e de comedor no seu horario habitual. 
O primeiro día as familias poderán entrar co alumnado ata o recinto onde estarán esperando os titores/as, infantil no patio dianteiro e primaria no circuíto lateral. 

Benvidos ao curso 24/25!

 

 

 

 

SELO DE VIDA SAUDABLE

 

O CEIP Plurilingüe de Conmeniño acaba de recibir o Distintivo de Calidade de Centros Docentes "Selo de Vida Saudable 2024" que outorga o Ministerio de Educación , Formación Profesional e Deportes a aqueles centros educativos que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a posta en marcha de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado. 

 Entre as iniciativas destacadas do noso centro atopamos a Carretera do Conmeniño, dinámica para aumentar o consumo de froita entre o alumnado; espertares máxicos; descansos activos (ioga ...); corredores dinámicos; carné saudable; mochila deportiva viaxeira; almorzos saudables; plan lector dinámico; ligas internas de fútbol; semana sen fume sobre rodas; roteiros saudables, etc. 

A concesión deste Selo é unha motivación para continuar desenvolvendo e mellorando as prácticas que aseguren un futuro máis saudable. Moitas grazas ao profesorado, familias, e, por suposto, alumnado, por participar e axudar á promoción dunha vida saudable.

Publicación no BOE

 

 

Listaxe libros 24-25

Pinchando no arquivo adxunto podedes descargar a listaxe de libros para o vindeiro curso.

*Recomendamos que non se merquen ata setembro. 

Formalización matrícula 24-25

Horario de atención ao público

O horario de atención na secretaría para a recollida de documentación será o seguinte: 

Xoves 20 : de 11.15 a 15.30h. 

Venres 21: de 9.00 a 15.30h. 

Do luns 24 ao venres 28: de 10.00 a 13.00h. 

 

Final de curso 23/24

 

 

A continuación terá lugar a entrega de medallas e festa final con sesión de DJ e merenda.

Esperámosvos a todos/as!!!!

 

Formalización da matrícula 24-25

Entre o 20 e o 30 de xuño estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 24-25. Na imaxe podedes ver a documentación necesaria que haberá que entregar no centro. 

Podedes descargar o anexo III e os cuestionarios nos arquivos adxuntos ou ben solicitalos no colexio. 

Horario de atención en secretaría: todos os días de 9.00 a 9.35h, de 11.15 a 12.05h e de 14.00 a 15.00h. 

 

Novidades biblioteca

Pinchando na imaxe da nosa mascota podedes ver as novas entradas do blog da biblioteca, celebración do Día da Bicicleta, Día Internacional contra o Acoso Escolar ... e moitas máis cousas!

SEMANA SEN FUME SOBRE RODAS

Xa está aquí á "II Semana sen fume sobre rodas" do CEIP Plurilingüe de Conmeniño, que ten como obxectivo fomentar hábitos de vida saudable entre o noso alumnado. Durante esta semana todos aqueles nenos e nenas que o desexen poderán traer ao centro as súas bicis, monopatíns, patinetes ... iso si, sempre ben equipados!

Migallas Teatro polas Letras Galegas

Este martes 21 de maio todo o alumnado e profesorado do centro puidemos disfrutar dun espectáculo de Migallas nomeado "Brincadeiras da lingua", que nos permitiu coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia, a través de xogos, cancións e contos. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer