Semana sobre rodas
Aproveitando que o venres 2 de xuño foi o Día Mundial da bicicleta e o luns 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente, esta semana celebrámolo no cole movéndonos sobre rodas, pasámolo en grande!!!!
Visita do Refuxio de animais de Cambados
No día de onte recibimos a visita de Olga que traballa no Refuxio de animais de Cambados. Veu moi ben acompañada por Clau, unha cadela moi agarimosa, e por tres gatiños que aínda non teñen nome, e que causaron sensación entre alumnado e profesorado.
Deixamos algunha foto para que coñezades a estes animais que nos fixeron pasar tan bo rato.
Moitas grazas a Olga e aos seus acompañantes pola visita e por todo o que nos ensinaron, e tamén, moitas grazas a todos pola vosa resposta á hora de colaborar co refuxio traendo comida, produtos de limpeza ...
Mirade como estaba a nosa mesa!!!!!
Polo correo do vento
Hoxe visitaron o noso centro Polo correo do vento, cunha sesión de contos, música e debuxo, na que fixeron unha viaxe pola biografía de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
A actividade estivo dirixida ao alumnado de Primaria, que se converteron en pequenos ilustradores realizando, de forma guiada, unha caricatura de Fernández del Riego.
Foi unha sesión moi divertida e interesante, grazas Polo correo do vento pola visita, esperamos volver contar con vós!!!!
Festa fin de curso
Familias!!!
O curso xa está rematando e queremos celebralo cunha gran festa.
Primeiro visitaremos o noso mercadillo solidario onde poderedes "mercar" algún dos traballiños realizados polo alumnado ao longo destes meses. Os cartos recadados irán destinados a algunha das asociacións que colaborou con nós neste curso.
Remataremos a xornada no campo de herba con música (sesión DJ) e merenda.
Esperámosvos a todos o vindeiro 21 de xuño a partir das 10.30h!
Animais en adopción no Refuxio de animais de Cambados
O alumnado de infantil estivo deseñando carteis con fotos dalgúns dos cans e gatos que actualmente están en adopción no Refuxio de animais de Cambados, para colocalos polo Grove e intentar atoparlle unha familia.
Este xoves 8 de xuño virán facernos unha visita ao centro para contarnos como é o día a día no Refuxio, a responsabilidade que implica ter unha mascota, a importancia de adoptar... e lembrarvos que seguimos coa campaña de recollida de alimentos e produtos de limpeza que lle entregaremos a eles o día que veñan. Animádevos a colaborar!!!
Agradecemos que compartades esta información entre amigos, familiares...
Podedes atopar máis datos na páxina oficial do Refuxio de animais de Cambados.
Moitas grazas e contamos coa vosa
colaboración, un pequeno xesto pode
cambiar a vida de calquera destes
animais!!!
Axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar (curso 23/24)
A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2023-2024.
As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.
As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).
- Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)
- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente declaración da renda do exercicio de 2022).
- Xustificante de matrícula.
- Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca
A documentación deberá entregarse no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL (Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa).
*Nos arquivos axuntos podedes consultar a información e descargar a solicitude.
Limpando as praias con "Amicos"
O mércores pasado o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º curso do Ceip Plurilingüe de Conmeniño levou a cabo unha grande recollida de lixo mariño na praia da Mexilloeira do Grove.
Estiveron acompañados, entre outros, de voluntarios da Asociación Amicos que xa viñeran ao centro neste curso a realizar actividades relacionadas co noso proxecto "Conmeniño Solidario".
Foi unha gran experiencia que esperamos repetir!!!
Pinchando na foto podedes ver a información recollida no Diario de Arousa.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
A semana pasada disfrutamos dunha chea de actividades programadas con motivo da Semana das Letras Galegas.
O martes recibimos unha visita moi especial, Cinco en Zocas estiveron no noso centro para compartir connosco a súa música. Pinchade na foto para que poidades ver o ben que o pasamos!!!!
Durante todos estes días, ademais, estivemos a realizar unha serie de actividades en colaboración co CEIP As Bizocas, eles entregáronnos os seus traballos e nós, pola nosa parte, confeccionamos os nosos para que o fixeran os nenos e nenas do cole. Deixamos imaxes para que vexades o divertida que nos resultou esta actividade!!!!
E xa para rematar, o venres 19 festexamos o final desta semana cantando e bailando con Cantodorxo que nos ofreceron unha mostra de baile e música tradicional galega acompañados dalgunhas das nosas alumnas.
Pinchando na imaxe coñeceredes máis detalles desta marabillosa visita!!!
Contacontos especiais
Esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita do alumnado de 2º curso da ESO do IES Monte da Vila. Pasaron polas clases de Infantil e de 1º e 2º curso de Primaria a contar algunha das nosas historias preferidas.
Moitos destes rapaces/as estudaron aquí polo que foi un encontro moi especial e emotivo.
Graciñas pola visita e esperámosvos para o vindeiro curso!!!!
Convocatoria axudas para alumnado con NEAE para o curso 23/24
Ata o 20 de setembro estará aberto o prazo para que as familias presenten a solicitude no centro.
As solicitudes cumprimentaranse mediante o formulario accesible na seguinte ligazón.
ou a través da Sede Electrónica na seguinte ligazón.
É recomendable que o alumnado que cambie de centro entregue a solicitude no novo centro.