PIALE

CURSO 2022-2023

Bo día queridas lectoras e lectores!
Como sabedes, a profe Belén de música e infantil, foi seleccionada para o programa da Xunta PIALE, no que foi a traballar a un colexio a Ottawa (Canadá) para aprender sobre o seu sistema educativo e novas metodoloxías para poñer en práctica no noso cole. 
 No seguinte vídeo, nos conta un resume da súa experiencia, no que se pode ver o seu cole, cultura canadiense e lugares que visitou no seu tempo libre. 

 

 

CURSO 2019-2020

 

Neste curso escolar a nosa compañeira e mestra especialista en PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA  MARÍA PASARÍN LÓPEZ participou nunha estancia de inmersión de catro semanas en OTAWA (CANADÁ), durante os meses de outubro e novembro.

O programa organizado pola Consellería de Educación ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística do profesorado, o coñecemento do sistema educativo dunha zona anglófona, a actualización metodolóxica e a formación e cualificación de especialistas en seccións bilingües.

A súa volta invitou ao profesorado interesado a un relatorio informativo para dar a coñecer a súa experiencia nun sistema educativo que destaca polo seu éxito.

Velaquí o enlace a páxina web que elaborou sobre CANADÁ:

 

CURSO 2018-2019

ESTANCIA FORMATIVA EN CANADÁ

A mestra especialista en Inglés BEATRIZ PESTONIT GARCÍA participou nunha estancia de inmersión de catro semanas en OTAWA (CANADÁ), durante os meses de outubro e novembro.

O programa organizado pola Consellería de Educación ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística do profesorado, o coñecemento do sistema educativo dunha zona anglófona, a actualización metodolóxica e a formación e cualificación de especialistas en seccións bilingües.

A súa volta invitou ao profesorado interesado a un relatorio informativo para dar a coñecer a súa experiencia nun sistema educativo que destaca polo seu éxito.

Velaquí a presentación que acompañou ao seu relatorio:

                                           

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer