blogue dexe

LISTAXE DE LIBROS DEFINITIVA

Adxuntamos a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018 - 2019

Esta é a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Lembren non mercarlles os libros a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, dado que, de haber existencias no centro, se lles proporcionarían de xeito gratuíto.

Moitas grazas.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicamos a listaxe definitiva de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto, coa adxudición dos libros que recibe cada alumno/a.

Lembrámoslles que non merquen os libros ata setembro, dado que, no caso de termos libros no banco de libros do centro, se lles proporcionarían de maneira gratuíta, aqueles que non figuren na adxudicación.

Avisamos, ademais, que xa están dispoñibles os cheques de axudas de material e libros de texto, polo que xa poden vir buscalos.

Moitas grazas.

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS CHEQUES

Publicamos a listaxe provisional cos libros que se lle axudican a cada alumno/a para o vindeiro curso 2018/2019, así como a listaxe de admitidos e excluídos dos vales de libros e material escolar.

Informamos de que a partir de hoxe, teñen dous días hábilies para posibles reclamacións. Despois publicaremos as listaxes definitivas.

Moitas grazas.

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2018-2019

Publicamos a lista definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018 - 2019, así como a listaxe dos alumnos admitidos en comedor.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2018 - 2019.

Publicamos a listaxe provisional de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2018 - 2019.

RESERVA DE PRAZA ,ADMISIÓN DE ALUMNADO E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

Deixamos a información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2018 - 2019.

Calquera dúbida, vos atenderemos na Secretaría.

Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer