Blogues
TAREFAS DO ALUMNADO (20 AO 24 DE ABRIL)
Estimadas familias e nen@s!
Agardamos que esteades ben de saúde e dámosvos a benvida ao terceiro trimestre!!
A espensas das instruccións definitivas da Consellería, que sairán entre hoxe e mañá, deixámosvos as tarefas para o alumnado de cara a semana que vén.
A partir de agora empregarase esta plataforma, onde están integradas xa, todas as aulas e especialidades. Polo que, a barra lateral dereita onde estaban habilitadas as aulas individuais coas tarefas, quedará inhabilitada.
CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER A PLATAFORMA DE TAREFAS!!
LISTAXE DE LIBROS DEFINITIVA
Adxuntamos a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2018 - 2019
Esta é a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Lembren non mercarlles os libros a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, dado que, de haber existencias no centro, se lles proporcionarían de xeito gratuíto.
Moitas grazas.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Publicamos a listaxe definitiva de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto, coa adxudición dos libros que recibe cada alumno/a.
Lembrámoslles que non merquen os libros ata setembro, dado que, no caso de termos libros no banco de libros do centro, se lles proporcionarían de maneira gratuíta, aqueles que non figuren na adxudicación.
Avisamos, ademais, que xa están dispoñibles os cheques de axudas de material e libros de texto, polo que xa poden vir buscalos.
Moitas grazas.
LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS CHEQUES
Publicamos a listaxe provisional cos libros que se lle axudican a cada alumno/a para o vindeiro curso 2018/2019, así como a listaxe de admitidos e excluídos dos vales de libros e material escolar.
Informamos de que a partir de hoxe, teñen dous días hábilies para posibles reclamacións. Despois publicaremos as listaxes definitivas.
Moitas grazas.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).
LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2018-2019
Publicamos a lista definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018 - 2019, así como a listaxe dos alumnos admitidos en comedor.
Un saúdo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »