slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Vacacións de Semana Santa e regreso ao colexio o martes día 6 de abril

Estimadas familias,

Comezamos as vacacións de Semana Santa que incluirán os días 29, 30 e 31 de marzo así como os días 1, 2 e 5 de abril.

O regreso ao centro será o martes día 6 de abril.

Que teñan unhas boas vacacións.

Un saúdo.

Menú venres 26 marzo

Estimadas familias,

Deixámoslles para que poidan consultar o menú do venres 26 de marzo do alumnado do servizo de comedor.

Un saúdo.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

O prazo de admisión para o alumnado novo será entre o 1 e o 22 de marzo de 2021.

A solicitude ED550B poderase cubrir no centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia admisionalumnado (xunta.gal)

A documentación que se acompañará coa solicitude será:

  • Presentación da solicitude Anexo II (será precisa a sinatura de ambos proxenitores en caso de separación ou divorcio).
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Dúas fotos tamaño carné.
  • Informe médico (alerxias, intolerancias, ...).
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial se é o caso.

 

Os prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. (Só no caso de haber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas).
  • Antes do 25 de abril, publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

* Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

  •  Antes do 15 de maio, publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

O prazo de formalización da matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño de 2021.

A continuación, deixámoslles adxuntos o Anexo (en galego e castelán) por se desexan descargalo, así como tamén lles adxuntamos un pdf con información sobre o noso centro por se lles resulta de interese.

Quedamos á súa disposición para o que precisen, lembrándolles que poden chamar ao teléfono do centro 886151430.

A atención ao público tanto para a resolución de dúbidas coma para a entrega de documentación será no horario de secretaría -equipo directivo- (poden consultalo aquí).

Normativa reguladora por se desexan consultala:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Orde do 18 de decembro de 2020

 

Grazas e un saúdo.

VACANTES CURSO 2021/2022

LISTAXE VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022.

EDUCACIÓN INFANTIL

4ºEducación Infantil (3 anos): 25 vacantes.

5º Educación Infantil (4 anos): 13 vacantes.

6º Educación Infantil (5 anos): 11 vacantes.

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º Educación Primaria: 12 vacantes.

2º Educación Primaria: 10 vacantes.

3º Educación Primaria: 20 vacantes.

4º Educación Primaria: 5 vacantes.

5º Educación Primaria: 9 vacantes.

6º Educación Primaria: 1 vacante.

 

Nos niveis iniciais de cada etapa resérvanse tres postos escolares para alumnado con NEAE.

Menú Entroido

Estimadas familias,

Deixámoslles para que poidan consultalo menú do Entroido do venres 12 de febreiro do alumnado do servizo de comedor.

Un saúdo.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Estimadas familias,

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (alumnado que pasa ao instituto).

Poden cubrir a instancia de xeito telemático a través admisionalumnado (xunta.es) ou ben presencial (entregando os Anexos cubertos no centro).

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos (pinchar aquí)

A continuación, deixámoslles adxuntos os Anexos por se desexan descargalos para cubrilos.

 

Quedamos á súa disposición para o que precisen.

Grazas e un saúdo.

Menú Nadal

Estimadas familias,

Deixámoslles para que poidan consultalo menú de Nadal do martes 22 de decembro do alumnado do servizo de comedor.

 

Un saúdo.

ABALARMÓBIL - Titoriais de instalación e rexistro así como de funcionalidades

Estimadas familias,

Deixámoslles dous vídeos con titoriais sobre AbalarMóbil.

O primeiro está dirixido a como instalar a aplicación para aquelas familias que aínda non dispoñen de AbalarMóbil no seu teléfono. Recomendámoslles que a descarguen a todas aquelas familias que aínda non a teñen instalada.

AbalarMóbil - Titorial instalación e rexistro

O segundo, diríxese a informalas das funcionalidades de AbalarMóbil para todas aquelas familias que xa teñen a aplicación instalada no seu teléfono.

AbalarMóbil - Titorial funcionalidades

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

VIDEOCHAMADAS - Titorial sobre o funcionamento de Webex

Estimadas familias, 

Deixámoslles información relacionada cun dos dous servizos de videoconferencias institucionais, neste caso, Webex.

A continuación, deixámoslles o enlace co vídeo no que lles explican como facer unha videochamada.

ENLACE AO VÍDEO EXPLICATIVO - SERVIZO DE VIDEOCONFERENCIAS WEBEX

 

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

Estimadas familias,

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería afronten o curso 2020/2021 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio (Educación Primaria)e educación especial.

 

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR O MATERIAL ESCOLAR.

Nos documentos adxuntos achégase a orde e os anexos.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO.

PRAZO: DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO.

 

Un saúdo.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer