slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

ADMISIÓN DEFINITIVA ALUMNADO 2019-2020

Aviso as familias!!!

A continuación móstrase a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020, así como os admitidos no comedor.

Están tamén colgados no taboleiro de anuncios do centro.

Clicade enriba do curso correspondente.

 

Un saúdo!

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Coa celebración do día e semana do libro, este ano, os nenos/as de 5º de Educación Primaria, apadriñaron a todo o alumnado do centro, dramatizando para iso, contos elexidos da biblioteca do cole.

Pasárono en grande e desfrutaron moito representando os contos. Os asistentes e observadores (Educación Infantil e 1º-2º-3º-4º-6º de Educación Primaria) desfrutaron tanto coma eles/as, estando moi atentos/as e botándose unhas risas!!

Unha experiencia que sen dúbida, se volverá a repetir de cara o vindeiro curso!!!

Botádelle unha ollada o vídeo! Clicade na foto!

SEMANA DO LIBRO

Boas a tod@s!!!

Pola semana do libro do 23 ao 26 de abril, os nenos/as de 6º de Educación Primaria, fixeron de padriños lectores dos máis pequenos, os nenos/as de Educación Infantil. Baixaron a lerlle diferentes contos, e así, inculcarlle o hábito pola lectura de forma divertida.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Cliclade sobre o libro!

                                   

Un saúdo!

 

PONENCIA DE EVA MILLET

ESTIMADOS PAIS/NAIS:

O VINDEIRO LUNS 29 DE ABRIL, TERÁ LUGAR NA CASA DE CULTURA DO CONCELLO DE O GROVE ÁS 19:00 H A PONENCIA DE:

EVA MILLET: HIJOS/AS PERFECTOS/AS O FELICES. CONSECUENCIAS DE LA HIPERMATERNIDAD/ PATERNIDAD.

OS QUE POIDADES ACERCÁDEVOS PORQUE VALE  MOITO A PENA.

 

UN SAÚDO!

23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

Apaga o teu

 Abre un libro    

Encende o teu cerebro

 Boas a tod@s!!! Sabedes que os libros son o mellor instrumento para potenciar a imaxinación dos nosos nenos/as, desenvolver a súa axilidade mental, creatividade, velocidade lectora... teñen infinidade de beneficios!!

Queremos tamén que dende as vosas casas non perdades o hábito da lectura, que sexades un gran exemplo para os vosos fillos/as, que lle sigades lendo polas noites, xa que favorece a escoita e atención dos mesmos, que leades con eles, que os agasalledes con un...

Grazas aos libros, criaremos fillos/as e alumnos/as eficientes e cun gran respecto pola cultura que os libros nos inculcan.

RECORDADE QUE:

"UN NENO QUE LE, SERÁ NO FUTURO UN ADULTO QUE PENSA"

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2019

                                       PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 Grazas a tod@s os que colaboráchedes neste día tan importante !! Seguide coidándovos e coidando aos que queredes e non deixedes de concienciar aos que están ao voso redor!

SEMANA SANTA

O retorno ás aulas despois das vacacións de Semana Santa, terá lugar o vindeiro martes 23 de abril. 

Un saúdo!

ADMISIÓN PROVISIONAL DO ALUMNADO CURSO 2019-2020

No día de hoxe, publícanse no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020.

Dita información tamén a podedes consultar, no seguinte arquivo adxunto no que se mostra o alumnado provisional admitido para o curso 2019-2020 nos seguintes niveis:

 

  • 4º Educación Infantil
  • 1º Educación Primaria

BIBLIOTECA ESCOLAR

RECORDADE!!!

 

A NOSA BIBLIOTECA DE CENTRO ESTÁ ABERTA TODOS OS LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES DE 16:00 a 18:00 HORAS.

ACABAMOS DE RECIBIR UNHA NOVA ADQUISICIÓN DE LIBROS E XOGOS PARA A NOSA BIBLIOTECA INCLUSIVA, QUE SEN DÚBIDA SERÁN DO VOSO AGRADO E ENCANTARANVOS!!

APROVEITADE PARA ACERCARVOS Á MESMA, E LEVAR ALGUNHA DESTAS ADQUISICIÓNS OU FACER USO DOS ORDENADORES/IPADS PARA A BUSCA DE INFORMACIÓN QUE PRECISEDES!!

 

AGARDAMOS A VOSA VISITA!!

ENTREGA NOTAS 2º TRIMESTRE

¡AVISO FAMILIAS!

 

AÍNDA QUE A AVALIACIÓN DESTE SEGUNDO TRIMESTRE TIVO LUGAR XA, O PASADO DÍA 26 DE MARZO, A ENTREGA DE NOTAS AO ALUMNADO SERÁ EFECTUADA O VINDEIRO VENRES 12 DE ABRIL, ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

Todas as probas e traballos que se fagan a partir dagora, serán avaliados xa no 3º Trimestre.

 

UN SAÚDO!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer