slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Boas a tod@s:

Mañá pola mañá, se o tempo nolo permite, realizarase co alumnado dende 1º a 6º EP, unha saída para observar os posibles camiños escolares seguros próximos ao centro, e ver así con eles, que cousas podemos cambiar, que se pode engadir aos mesmos, que cousas lles gustaría que houbese neles á hora de vir camiñando, ect.

Os grupos estarán divididos do seguinte xeito:

  • 1º e 2º EP: 9:35-10:25 horas
  • 3º e 5º EP: 10:25-11:15 horas
  • 4º EP: 11:45-12:30 horas
  • 6º EP: 12:30 - 13:25 horas

Pola tarde ás 18:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Centro, a 2ª reunión para as familias, onde se verá o traballado cos nenos/as ata agora e farase entrega do pasaporte do camiño, tal e como se falou na reunión anterior.

Moitas grazas a todas as familias que asistístedes a primeira reunión porque sen vós, sen a vosa participación e aportacións, nada do que se fai tería sentido, xa que o que prima é a seguridade dos vosos/as fillos/as. AGARDÁMOSVOS!

 

Un saúdo!

MAGOSTO 2019

Ola a tod@s!!

Onte celebramos o MAGOSTO no cole. Puidemos divertirnos cos 25 xogos que nos cedeu Cándido Mascato García, e ao rematar puidemos degustar as castañas asadiñas e quentiñas grazas a nosa ANPA RAÚL BOULLOSA (quen nolas comprou e trouxo picadiñas) e ao noso conserxe que foi quen nolas asou.

Cos xogos pasámolo xenial e coa famiña que tiñamos ao rematar, case non quedou castaña que papar!!

Aquí vos deixamos un resumo do día de onte! Clicade na imaxe!

                                  

SAMAÍN

Este SAMAÍN, o alumnado contou coa participación da súa FAMILIA, na elaboración de sombreiros e escobas embruxadas para decorar os nosos corredores.

Tamén elaboraron uns POSTRES TERRORÍFICOS, dos cales escribiron a súa receita en GALEGO (coas que faremos un libriño de receitas para a Biblioteca), e que degustaron na hora do recreo. Estos postres acompañáronos cun delicioso CHOCOLATE, para o cal contamos coa colaboración da nosa ANPA RAÚL BOULLOSA, que sempre están con nós cando o precisamos, MOITAS GRAZAS!

Estaba delicioso, tanto que quixemos repetir, a que si??? :)

Aquí vos deixamos un vídeo que fixemos co alumnado e que desta volta nos confesaron...

A QUE LLE TEÑEN MEDO?

POR QUE DEBERÍAMOS FALAR GALEGO?

Aquí vos deixamos un vídeo que fixeron os nosos alumnos/as de 2º EP xunto coa súa titora Eva, contándonos unha convincente razón de por que deberíamos falar galego, A NOSA LINGUA!

NOS FALAMOS GALEGO, E TI?

Botádelle unha ollada, porque os nosos pequenos... TEÑEN MOITA RAZÓN!!

CLICADE NO ENLACE:

CHARLAS PARA FAMILIAS

Estimadas familias:

Durante este mes de novembro o concello de Sanxenxo oferta unha serie de charlas para as familias que son de gran interese.

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, xunto co concello, os centros educativos e a Federación de APas o Con, pregan que o difundamos a toda a comunidade educativa, porque as familias podemos ser o gran motor do cambio.

Adxúntase cartel para que vexades días e horas.

Un saúdo!

DÍA DO ENSINO

Estimadas familias:

 

Con motivo do día do Ensino, este vindeiro xoves 31 de outubro, non haberá clase e o día 1 de novembro por ser festivo.

 

Un saúdo!

FOLGA EN CONTRA DO CAMBIO CLIMÁTICO

Boas a tod@s:

Esta semana o noso centro sumouse a Folga Mundial polo Clima, e durante a mesma estivemos traballando e tratando aqueles aspectos e actos negativos que o destrúen e aqueles outros actos positivos que o manteñen vivo.

Hoxe non quixemos ser menos e fixemos o parón dun minuto de silencio en contra do cambio climático.

Durante a mañá, o alumnado de 6º EP foi pasando polas diferentes aulas para refrescar e recordar o xeito de empregar os diferentes contedores de lixo, así como o composteiro, de maneira axeitada.

Despois do recreo, na Biblioteca, xuntámonos alumnos/as e mestres/as para visionar unha presentación con aqueles actos que debemos de seguir e aqueles cos que non para manter o noso planeta vivo, e que as xeracións futuras poidan desfrutalo e coidalo,  así como a escoita do manifesto, en contra do cambio climático, feito polo alumanado de 6º EP en representación de todo o colexio.

A continuación mostramos unha mostra do manifesto lido, unhas fotiños dos actos de hoxe, así como unhas recomendación que debemos de ter en conta tod@s e seguir a cotío.

"Porque todo acto, por moi difícil que sexa, comeza dando un só paso"

 

 

HORARIOS DAS TITORÍAS POR NIVEIS

4º Educación Infantil 

  • Titora: Irene García Prieto
  • HORARIO

5º Educación Infantil 

  • Titor: José Manuel Lemos Leiro
  • HORARIO

6º Educación Infantil 

  • Titora: Belén Freire Vilas/Cristina Calvo Costal
  • HORARIO

1º Educación Primaria 

  • Titora: Natalia Liste Prieto
  • HORARIO

2º Educación Primaria 

  • Titora: Sandra González Silva
  • HORARIO

3º Educación Primaria 

  • Titora: Alba María Pampín López
  • HORARIO

4º Educación Primaria 

  • Titora: Sonia Fernández Balboa
  • HORARIO

5º Educación Primaria 

  • Titora: Lucía Valcárcel González
  • HORARIO

6º Educación Primaria 

INGLÉS

  • Rocío Santos Romero

MÚSICA

  • Belén Freire Vilas

EDUCACIÓN FÍSICA

  • María Belén Quiñones Collazo

RELIXIÓN CATÓLICA

  • Ana Isabel Cacabelos Conde

 

 

 

ESTUDOS DE MOVILIDADE

Estimadas familias:

 

Mañá venres 20 estarán no centro uns técnicos grabando cunha cámara de lonxe as entradas e saídas do centro, para facer uns estudios de movilidade. Non vos asustedes porque os datos serán para algo interno.

 

Atentamente,

 

A dirección

COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

 

O servicio de comedor comezará o seu servizo mañá día 11 das 13:45 horas ás 15:30 horas.

Recordade que, no caso de chegar ao centro máis tarde das 9:00h, deberá chamarse ao mesmo e avisar de se se queda ou non o nenos/a en cuestión en comedor.

 

Un saúdo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer