slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

CONMENIÑO E HOSPITAIS, UNIDOS POLAS TICS

Dende o curso pasado, contamos no noso centro coa liña de traballo da ROBÓTICA EDUCATIVA, a través da cal traballamos con diversos robots educativos (MBot, Doc...), Makey Makey... e a IMPRESORA 3D. Grazas a este tipo de tecnoloxía, ensinámoslle aos nenos/as todas as posibilidades das mesmas para aprender contidos da vida cotiá.

Partindo da proposta de varios colexios públicos da contorna: (CEIP As Covas de Meaño, CEIP Portonovo, CEIP Plurilingüe A Florida Sanxenxo e o colexio Abrente de Portonovo), o noso centro, o CEIP Plurilingüe de Conmeniño, sumouse a dita iniciativa. Grazas a axuda da nosa compañeira e mestra Andrea dende a súa casa, e a dos técnicos de APP de Sanxenxo (Rober, Diego, Nacho e Manuel), puxéronse en marcha dende o xoves pasado, as impresoras 3D que hai nos nosos centros, para a elaboración de máscaras e filtros para os nosos sanitarios, empregando material de refugallo como: as follas de acetato de encadernación ou as follas de plastificar.

Agardamos que lle sexan de moita axuda para sobrelevar con saúde todo este momento polo que estamos e están pasando.

Ditas máscaras e filtros van destinadas a:

  • Hospital de Montecelo
  • UCE
  • UCI

Aquí vai unha mostra do seu traballo:

ÁNIMO PARA TODOS OS NOSOS SANITARIOS!!! TODO SAIRÁ BEN!!!

NOTAS - SEMANA SANTA - AVISO CONCELLO

AVISO AS FAMILIAS!!!

  • ENTREGA DE NOTAS.-

A entrega de notas desta segunda avaliación, será a través da Plataforma "Abalar Móbil" onde as poderedes consultar este venres 3 de abril ás 14:00 horas

 
Aqueles que non dispoñen da mesma, seralle enviada unha copia das notas polos titores/as a través do correo electrónico.

Todos os nenos/as que durante este trimestre recibiron apoio da AL ou da PT, terá o informe destas especialistas o cal, enviarán os titores/as tamén por correo electrónico aos pais.

  • VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.-

As vacacións de Semana Santa irán dende o 6 de abril ata o 13 de abril (incluido).

Aínda non temos novas nin instruccións por parte da Consellería, de como vai ser esta 3ª avaliación, polo que, polo de agora non vos podemos informar. Si está claro, que comezaremos o 3º Trimestre nas nosas casas ata novo aviso.
En canto saibamos algo, facémovolo chegar.

  • AVISO DO CONCELLO DE O GROVE.-


Dende o Concello de O Grove, remítennos esta información para facérvola chegar ás familias que tendes nenos/as que non dispoñen de ordenador nin tablet para facer as actividades ON-LINE durante este período de ALARMA  e CONFINAMENTO nas casas:

"Co fin de facilitar na medida do posible o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno/a non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet...), póñase en contacto co Concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento".

Pili Galiñanes: 607.540. 271

MOITO ÁNIMO PARA TODOS!!

A dirección

AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR - COVID-19

Estimadas familias:

Acaban de saír as axudas económicas de COMEDORES para aquelas familias que no COMEDOR ESCOLAR son:

  • GRATUÍTAS
  • OU PAGAN 1€

PRAZO: do 31 DE MARZO ao 6 DE ABRIL

LER MOI BEN O RESUMO DE INSTRUCCIÓNS QUE TENDES EN ARQUIVO ADXUNTO,  QUE SE REALIZOU PARA FACILITAR ÁS FAMILIAS ESTE TRÁMITE DA MANEIRA MÁIS SINXELA POSIBLE.

 

Atentamente,

A Dirección

AVALIACIÓN ALUMNADO 2º TRIMESTRE

AVISO!!!!!

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos que:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

Polo que, avaliaremos neste trimestre aos nenos/as cos contidos que cada titor/a tiñamos rexistrados ata o 13 de marzo (data anterior á declaración do estado de alarma).

As notas poderédelas ver a través da plataforma Abalar Móbil, o venres 3 de abril as 14:00 horas.

Para todos aqueles que non tendes descargada a Plataforma, enviarásevos unha copia a través do correo electrónico que temos rexistrado na nosa plataforma de Xestión.

Un saúdo!

AGASALLO DOS MESTRAS/ES DO CONMENIÑO PARA VÓS!!!

Os mestres/as do Conmeniño temos unha mensaxe para todos vós.

CLICADE NA IMAXE!

 

MES DO AMOR E DA AMIZADE (AMO O MEDIO AMBIENTE)

 

O QUE MÁIS NOS ENCANTA FACER NO GROVE OU NO MEDIO AMBIENTE É...

Este ano decidimos facer un vídeo con todo aquilo que vos encanta, vos gusta facer ou máis amades. Grazas a todos pola vosa colaboración porque os vídeos están chulísimos! SODES UNS ARTISTAS!!! Agardamos que vos gusten!

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO!

TAREFAS ESCOLARES SEMANA 16-20 MARZO

Estimadas familias:

Na barra lateral dereita desta  páxina web, está o apartado con cada unha das aulas do centro educativo, incluíndo especialistas e REFORZA-T.

Poderedes acceder as  tarefas clicando na imaxe do curso/clase correspondente.

LEMBRADE!!!

AS TAREFAS SON DE REFORZO E NON TERÁN CARÁCTER AVALIABLE  TAL E COMO INDICAN AS MEDIDAS TOMADAS DENDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

MEDIDAS ADOPTADAS POLO CENTRO EDUCATIVO EN RELACIÓN AO COVID-19

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación sobre as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia do COVID- 19, durante os vindeiros 14 días naturais contados a partir do vindeiro luns 16 de marzo,  non haberá clase no  centro educativo.

De calquera novidade manterémosvos informados a través de dúas vías: 

  • Plataforma Abalar Móbil
  • Páxina Web do centro educativo

---------------------------------------------------------------------

  • INSTRUCCIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º EP: Non terán que vir a recoller nada ao centro educativo.
  • INSTRUCCIÓNS CURSOS 3º- 4º- 5º -6º:  pregamos que se pasen as familias durante a mañá do día de hoxe (ata as 16 horas) a recoller os libros e cadernos dos seus fillos/as para levalos a casa (no caso de 5º EP, levarán o ordenador Edixgal)

 

  • Durante estos días subiremos a esta páxina web as tarefas de cada un dos cursos da Educación Infantil e da Educación Primaria para realizar na casa. Aínda así, manterémosvos informados de toda novidade que vaia xurdindo.

PREVENCIÓN CORONAVIRUS CONCELLO DE O GROVE

Boas a tod@s familias!

Dende o Concello de O Grove queren mandar unha mensaxe de tranquilidade incidindo na prevención, que se aplica a esta e calquera outra enfermidade como gripe ou outro virus.

A continuación clicando na imaxe móstrase o enlace directo á páxina do Concello onde teredes a información feita pola Consellería de Sanidade, con indicacións de actuación fronte a síntomas e normas básicas de prevención.

Mañá mércores, explicarémolo polas aulas e cada neno levará unha copia do mesmo a súa casa.

8M - DÍA DA MULLER

POR UN MUNDO ONDE SEXAMOS LIBRES, COS MESMOS DEREITOS E IGUALDADES!

DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO DA TVG ONDE SE PODEN VER 12 ACCIÓNS PARA A CONSECUCIÓN DUNHA IGUALDADE REAL.

FELIZ 8M! POR HOXE E TODOS OS DÍAS!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer